Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

miércoles, 3 de junio de 2026

Como reclamar as notas da PAU en Galicia

Cando publiquen as cualificacións, se non estás dacordo, dispós de tres días para presentar unha solicitude de revisión en NERTA.
Pódese solicitar a revisión da cualificación obtida nun ou en varios exames. Neste proceso de revisión as modificacións das cualificacións poden ser tanto á alza como á baixa.

A reclamación ás cualificacións da PAU consiste nun proceso único de revisión que consta de tres fases. Cada exame pasará por unha primeira revisión (P), segunda corrección (S) e, en función do resultado, pasará a unha terceira revisión. 
Aquí explicamos os pasos a seguir deste proceso:

(*) A terceira corrección é efectuada por dous profesores novos distintos e a cualificación definitiva será consensuada por ámbolos dous. 

1º PASO: Primeira revisión.
No prazo de tres días contados a partir da data de publicación das cualificacións, poderase solicitar revisión da cualificación nun ou varios exames.
Neste caso os exercicios serán revisados e analízase se houbo algún erro material na corrección do exame (sumas mal calculadas ou preguntas sin corrixir). No caso de existir algún erro deste tipo modificarase a cualificación, tanto á alza como á baixa. A nova cualificación pasa a ser provisoria e asígnaselle unha “P”. En caso de non haber erros materiais a cualificación provisoria é a orixinal e asígnaselle tamén unha “P”. 
Posteriormente o exame pasa á segunda corrección.
2º PASO: Segunda corrección. 
A continuación realízase unha segunda corrección por un corrector/a especialista distindo ó que realizou a primeira corrección. A esta segunda corrección asígnaselle a letra “S”. Se esta segunda corrección ten unha diferencia menor de dous puntos, a cualificación definitiva será a media aritmética entre S e P (S+P)/2.
3º PASO: Terceira corrección. 
Trala corrección anterior, no suposto de que existise unha diferencia maior a dous puntos entre ambas cualificacións (P e S), dúas persoas distintas das anteriores farán unha terceira correción. Neste caso a cualificación definitiva será a consensuada por eses dous novos correctores.

Cualificación indicada coa letra P
Primeria revisión de erros de suma ou preguntas sin corrixir.
Cualificación provisional.
Cualificación indicada coa letra S
Segunda correción por un novo corrector especialista diferente do primeiro corrector. 
A cualificación resultante será a media entre P e S
Cualificación definitiva en caso de haber unha diferenza de máis de 2 puntos entre P e S
Terceira corrección por dous correctores diferentes. 
A cualificación resultante será consensuada entre os dous novos correctores.
Cando solicito a revisión?

O prazo para solicitar a revisión da PAU 2026 será:
  • Para os que se presentaron en xuño:  As notas provisionais publícanse o 11 de xuño, así que a revisión será de tres dias hábiles a partir da data da súa publicación (do 12 ó 16 de xuño, ata as 14:00 h.)
  • Para os que se presentaron en xullo: As notas publícanse o 9 de xullo, así que a revisión sera de tres dias hábiles a partir da data da súa publicación (do 10 ó 14 de xullo ata as 14:00 h.)
Cando se publican as notas definitivas despois da revisión?
  • O 18 de xuño para a convocatoria ordinaria.
  • O 17 de xullo para a convocatoria extraordinaria.
  • Publicaranse en Nerta a partir das 20.00 horas.
Como solicito a revisión?
A solicitude de revisión faise para cada exame a través da aplicación Nerta. Deberás gardar copia da túa solicitude en calidade de resgardo e xustificación de presentación desta.
Podo ver o exame?
O estudante ten dereito, previa solicitude, a ver os exames corrixidos na data e lugar indicados, unha vez finalizado na súa totalidade o proceso de revisión.

A consulta dos exames realizarase ás 12´00h no Edificio Fontán da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela (sede da CiUG)
Para solicitar a consulta dos exames, dos que se presentaron en xuño, poderá facerse a solicitude entre o 19 e o 22 de xuño (ata as 14:00h.) presentando o formulario correspondente no LERD presencialmente ou por correo electrónico. Os exames poderán consultarse o 25 de xuño ás 12´00h.
Para solicitar a consulta dos exames, dos que se presentaron en xullo, poderá facerse a solicitude dende o 17 ó 20 de xullo (ata as 14:00h.) presentando o formulario correspondente no LERD presencialmente ou por correo electrónico. Os exames poderán consultarse o 22 de xullo ás 12´00h.

E se non estou dacordo coa cualificación definitiva despois do proceso de revisión?
Contra a resolución adoptada pola CiUG, que porá fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación ante a propia CIUG. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou se produza o acto presunto.


Este proceso está regulado nas convocatorias ordinaria/extraordinaria da PAU de cada ano, publicada pola CIUG neste enlace: 


















1 comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...