Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

jueves, 22 de febrero de 2024

Axudas 2024 para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras para Bacharelato

A Consellería de Educación convoca axudas para a realización de estancias no estranxeiro para o alumnado de 1º e 2º de bacharelato a realizar nos meses de verán.



DATAS DAS ACTIVIDADES: 

As datas concretas de realización das actividades, en estancias de 3 semanas, daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado. En todo caso, 2º de bacharelato será para o mes de agosto e 1º de bacharelato desde a primeira semana de xullo.


CUSTO E ACHEGAS ECONÓMICAS DAS FAMILIAS: 

As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade, de acordo coas contías establecidas no anexo IV, segundo os custos correspondentes aos grupos de achega familiar (A, B, C e D).

O custo total de cada actividade inclúe:
a) No caso das actividades que se van realizar, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos. 
b) Os monitores ou as monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade. 
c) Os gastos de docencia e o material escolar. 
d) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos. 
e) Os gastos de mantenza e aloxamento. 
f) O certificado de realización da actividade. 
g) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil



AXUDAS OFERTADAS: 

Convócanse un total de 645 axudas que se distribuirán do seguinte modo:

As actividades que se convocan, en canto a número de prazas, destino e réxime de aloxamento descríbense no anexo IV da convocatoria.



REQUISITOS PARA PODEREN PARTICIPAR: 

a) Estar cursando, no réxime xeral, 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2023/24, na Comunidade Autónoma de Galicia. 
b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2022/23. 
c) Ter acadado no curso 2022/23, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 no 4º curso de ESO para as prazas convocadas para o 1º curso de bacharelato, e de 6 no 1º curso de bacharelato para as prazas convocadas para o 2º curso de bacharelato. 
d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade. 
e) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. 
f) Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou pasaporte.



PRESENTACIÓN SOLICITUDES: 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. 

O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible desde a páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle/, cubrindo o formulario electrónico que corresponda. Ver todo o procedemento na convocatoria.



PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
Do 13 de febreiro ó 12 de marzo incluído.


ANEXO IV:




MÁIS INFORMACIÓN:


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...