Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

viernes, 24 de junio de 2016

Oferta formativa de ciclos de Formación Profesional en Galicia 2016/2017

(Ata o 5 de xullo de 2016 atenderase vía telefónica ou presencial, de 10 a 13 horas, para axudar no proceso de admisión, tanto ao alumnado que solicite praza nos ciclos de FP do IES A Sardiñeira como a todos os alumnos do IES A Sardiñeira que soliciten admisión en calquera ciclo de FP)

A Consellería de Educación publicou as ordes polas que se actualiza a oferta de ciclos de Formación Profesional para o curso 2016/2017.





Réxime ordinario, grao profesional básico, grao medio e grao superior:
Clasificada por provincia e concello (actualizado 23.06.2016)

Réxime das persoas adultas na modalidade presencial (oferta modular):
Clasificada por provincia e concello (actualizado 23.06.2016)

Réxime da persoas adultas na modalidade a distancia (oferta modular):
Clasificada por provincia e concello (actualizado 23.06.2016)

Oferta de prazas para formación profesional dual:
Clasificada por provincia e concello (actualizado 20.06.2016)

Oferta de prazas para os módulos correspondentes a programas formativos básicos (Para alumnado con Necesidades Educativas Especiais):

Oferta de prazas para probas libres de ciclos formativos:

 Oferta de FP en centros privados: 

  

jueves, 16 de junio de 2016

Programas de FP Básica para alumnado con necesidades de apoio educativo ou necesidades educativas especiais


A Formación Profesional básica ofrece varias posibilidades para acceder á oferta formativa no caso dos alumnos con dificultades ou necesidades educativas especiais. O alumnos poden optar por:
  • Solicitar admisión nos ciclos de FP Básica pola reserva para persoas con discapacidade. 
  • Solicitar flexibilización modular: Temporalización distinta ou cursar o ciclo de xeito fragmentado. 
  • Cursar programas específicos adaptados ás súas necesidades.

1. SOLICITAR ADMISIÓN POLA RESERVA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE:
  • Do total de postos escolares que se ofrezan en cada ciclo (20 prazas), reservarase un 10 por cento para estudantes que teñan recoñecida unha discapacidade. Aproximadamente corresponden 2 prazas por ciclo.
  • Para os efectos de ocupar postos escolares en cada ciclo, este alumnado computará o dobre.
  • Para a admisión haberá que presentar o certificado de discapacidade, só no caso de que non se autorice á consulta por parte da administración, ou se o organismo que emitiu o certificado no pertenze á Comunidade Autónoma de Galicia. 


2. FLEXIBILIZACIÓN MODULAR:

- DESTINATARIOS: Alumnos con necesidades específicas de apoio incluídos os alumnos con Necesidades Educativas Especiais. 

- Este alumnado poderá ser autorizado para cursar os módulos do ciclo formativo, mantendo a carga semanal prevista con carácter xeral para cada curso académico:
a) Cunha temporalización e distribución por cursos distinta á establecida con carácter xeral.
b) Excepcionalmente, de xeito fragmentado por cursos cunha ampliación a dous ou a tres anos.

- O procedemento de solicitude de flexibilización modular será o seguinte:

Logo de comezado o curso académico e realizada a sesión de avaliación inicial, a dirección do centro presentará a solicitude no servizo territorial de inspección educativa correspondente para que se emita informe ao respecto. Á solicitude deberáselle xuntar a seguinte documentación:

  1. Informe que xustifique a necesidade da medida, elaborado polo Departamento de Orientación ou polo Departamento de Información e Orientación Profesional en colaboración co profesor ou a profesora que exerzan a titoría.
  2. Conformidade expresa do pai e da nai, ou de quen teña asignada a representación legal do alumno ou da alumna, en caso de ser menor de idade, ou a súa propia, se é maior de idade.
  3. Fotocopia compulsada do expediente académico.
  4. Proposta da nova distribución horaria para cursar as ensinanzas, no caso dunha temporalización e distribución distinta á xeral, ou proposta de desenvolvemento curricular de cada módulo en máis dun ano, no caso da fragmentación por cursos e, de ser o caso, de medidas de reforzo educativo ou de adaptación do currículo dentro dos límites previstos na normativa vixente.
O servizo territorial de inspección educativa remitiralle toda a documentación, xunto co seu informe, ao xefe ou á xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a quen lle corresponderá a autorización ou denegación da flexibilización.

Por iniciativa tanto do servizo territorial de inspección educativa como da xefatura territorial, poderáselle requirir ao equipo de orientación específico a elaboración dun informe complementario ao respecto.

O prazo para presentar as solicitudes de flexibilización perante o servizo territorial de inspección educativa será ata o 31 de outubro de cada curso académico.

- A resolución da autorización da flexibilización comunicarase ao centro no prazo dun mes, para a súa comunicación á persoa interesada.



3. PROGRAMAS ESPECÍFICOS ADAPTADOS: 


DESTINATARIOS: Alumnos con necesidades educativas especiais. 

- Estes alumnos poderán cursar programas formativos adaptados ás súas necesidades que lles permitan dar continuidade á súa traxectoria académica ou profesional, nos centros educativos que a consellería con competencias en educación autorice.

- Os programas formativos terán unha duración dun curso académico.

- Estes programas inclúen módulos profesionais de títulos profesionais básicos e outros módulos de formación apropiados para a adaptación ás súas necesidades. Esta formación complementaria seguirá a estrutura modular e os seus obxectivos estarán definidos en resultados de aprendizaxe, criterios de avaliación e contidos.

- Os programas formativos incluirán os seguintes módulos profesionais de títulos profesionais básicos:a) Módulos asociados ao bloque común: Comunicación e sociedade I, e Ciencias aplicadas I.
b) Módulos asociados a unidades de competencia incluídos nalgún título de formación profesional básica.
c) Módulo de Formación en centros de traballo.

- O alumnado matriculado nun programa formativo e que non o supere poderá repetir o programa unha soa vez.

- O módulo de formación en centros de traballo poderá ser obxecto de avaliación unicamente en dúas convocatorias.

- O alumnado que curse estes programas poderáselle realizar adaptación curricular nos módulos asociados aos bloques comúns e poderan solicitar flexibilización modular.

- O alumnado que supere un programa formativo e se incorpore a un ciclo formativo soamente terá que realizar as actividades de ensino e aprendizaxe dos módulos profesionais pendentes de superar.

OFERTA DE PROGRAMAS FORMATIVOS: En Galicia temos a seguinte oferta de programas formativos para o curso 2016/2017 (Publicados na Orde do 10 de xuño de 2016 , pola que se actualiza a oferta de FP, e tamén na web da Consellería): 







miércoles, 15 de junio de 2016

Calendario escolar 2016/2017 en Galicia


Publícase a Orde do 7 de xuño de 2016 pola que se aproba o calendario escolar en Galicia para o curso 2016/2017 nos centros sostidos con fondos públicos. O Calendario abrangue 175 días lectivos. 


COMEZO E REMATE DO CURSO:
  • No 2ª ciclo de Educación Infantil, Educación Especial e Educación Primaria: Do 12 de setembro ao 23 de xuño, ambos incluídos.
  • En Educación Secundaria e Formación Profesional: Do 15 de setembro ao 23 de xuño, ambos incluídos. 
  • En Ensinanzas de Réxime Especial: Do 15 de setembro ao 30 de xuño.

COMEDORES ESCOLARES. Os comedores escolares funcionarán en:
  • Educación primaria desde o día 12 de setembro ata o 23 de xuño.
  • Educación secundaria obrigatoria, desde o día 15 de setembro ata o 23 de xuño.

PERÍODOS DE VACACIÓNS:
  • Nadal: desde o día 22 de decembro ata o día 6 de xaneiro.
  • Entroido: días 27, 28 de febreiro e 1 de marzo. 
  • Semana Santa: desde o día 10 ao 17 de abril.

DÍAS NON LECTIVOS: 
  • Día do Ensino: 31 de Outubro de 2016. 
  • Festivos locais, da Comunidade ou de ámbito estatal. 
  • Un día ou dous días non lectivos propios do centro no caso de que os festivos locais non coincidan con días de clase. 

PERÍODO DE ADAPTACIÓN DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL: 
O período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro terá a mínima duración posible que permita acadar os seus obxectivos e, en todo caso, non se poderá prolongar máis de 10 días lectivos desde a data de inicio das clases.


CONMEMORACIÓNS: Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:

  • 20 de novembro de 2016: Día Universal da Infancia.
  • 25 de novembro de 2016: Día Internacional contra a Violencia de Xénero. 
  • Do 1 ao 11 de decembro de 2016: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia. 
  • 10 de decembro de 2016: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. 
  • 30 de xaneiro de 2017: Día Escolar da non Violencia e da Paz. 
  • 8 de marzo de 2017: Día Internacional da Muller. 
  • 15 de marzo de 2017: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor. 
  • Do 6 ao 10 de marzo de 2017: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais. 
  • 7 de abril de 2017: Día Mundial da Saúde. 
  • Entre o 17 e o 21 de abril de 2017: Semana do Libro. 
  • 9 de maio de 2017: Día de Europa.
  • Do 9 ao 17 de maio de 2017: Semana das Letras Galegas.
  • 5 de xuño de 2017: Día Mundial do Medio Ambiente.
  • Actividades específicas de diversidade afectivo - sexual próximas ás datas de celebracións internacionais.

martes, 14 de junio de 2016

Resumo dos obradoiros realizados en titoría no curso 2015/2016

Nestes días estamos realizando a avaliación da titoría grupal nos cursos de ESO no presente curso. Ademais das actividades de acollida, de organización do grupo, organización do estudo e orientación académica, realizamos moitos obradoiros contando coa participación de varios organismos. Este é o resumo dos que se celebraron en ESO no IES A Sardiñeira:




miércoles, 8 de junio de 2016

Nuevo grado de Ingeniería Aeroespacial en la Universidad de Vigo


Imagen del blog aeronáutica

¿Te gustaría trabajar en el diseño, la construcción y el mantenimiento de aeronaves? Pues aquí tienes el nuevo grado en Ingeniería Aeroespacial, que se impartirá a partir del curso 2016/2017 en la Universidad de Vigo, en el campus de Ourense, por primera vez en Galicia. Serán 240 créditos repartidos en 4 cursos. Consulta el plan de estudios. 

¿Cuál es el perfil de los alumnos/as? 
Como en todas las ingenierías se requiere buena capacidad para el cálculo y la resolución de problemas, una buena aptitud para el estudio y de organización de trabajo.

¿Qué asignaturas se estudian? Mucha matemática, física, electricidad, termodinámica, química, mecánica, tecnología de materiales, dibujo técnico, ... pura ciencia y tecnología. Si te interesa este grado, prepara tu itinerario de bachillerato teniendo en cuenta estas materias. 

¿Qué salidas profesionales tiene? 


El Ingeniero Aeroespacial está facultado para el ejercicio profesional en el ámbito de la ciencia aeronáutica y estudios relacionados con la navegación aérea: Vehículos Aeroespaciales, Navegación Aérea, Aeropuertos y Transporte Aéreo. La formación del Ingeniero Aeroespacial le capacita para el desempeño de las siguientes funciones: 
  • Proyecto, comprobación y ensayo técnico-experimental en tierra, mar y aire de los modelos y prototipos de material aéreo destinado al Estado o servicios públicos. 
  • Dirección, organización y realización de las instalaciones experimentales oficiales para la investigación del material aéreo. 
  • Expedición de certificados de navegabilidad, inspección y revisiones periódicas o extraordinarias del material específicamente Aeroespacial. 
  • Inspección de la fabricación en las industrias que dedican sus actividades a la construcción y reparación del material aéreo. 
  • Proyecto técnico de conjunto y de las instalaciones especiales que se consideran esenciales. Todo ello relativo al material para las líneas aéreas, aeropuertos y aeródromos de todas las categorías, incluyendo pistas y dispositivos de salida y llegada, obras de infraestructuras, instalaciones de balizamiento, iluminación y comunicaciones. 
  • Proyectos técnicos de conjunto relativos a las instalaciones de redes, elementos y servicios de protección de vuelo. 
Tu trabajo se desarrollará en:
• Industrias del sector aeronáutico
• Empresas aeroespaciales
• Sector militar aéreo
• Aeropuertos: desarrollo, mantenimiento y control de infraestruturas
• Compañías de transporte aéreo: mantenimiento y asesoría técnica


Podrás crear tu propia empresa o ejercer libremente la profesión como asesor y consultor de ingeniería y tecnología aeroespacial. También podrás optar por la Administración Pública (funcionario o personal laboral de la Unión Europea, estatal, autonómica y local); la transferencia de tecnología, el desarrollo y la innovación (centros públicos o privados y departamentos de innovación y desarrollo de grandes empresas), y por la docencia.


¿Y la nota de corte? Como es nueva todavía no hay nota de corte orientativa. Pero en este enlace puedes ver la nota de corte para esta titulación en otras universidades de España. 

Y por si aún no lo viste abre este enlace y consulta EL PLAN DE ESTUDIOS de Ingeniería Aeronáutica en Ourense. 

domingo, 5 de junio de 2016

Guia de estudios superiores y de postgrado 2016

Infoempleo acaba de publicar su guía de estudios superiores y de postgrado 2016 con información y recomendaciones sobre cómo elegir una carrera, un máster ou centro de estudios.

Toca la imagen para abrir el PDF



Las 50 carreras más demandadas

El Mundo acaba de publicar su guia sobre las 50 carreras más demandadas por los alumnos y el ránking de universidades.

Fuente: Orientaguia
Abre el PDF tocando la imagen


sábado, 4 de junio de 2016

Probas libres para a obtención de títulos extinguidos de Formación Profesional LOXSE

No curso 2016/2017 entran en vigor novos títulos de formación profesional LOE, por ese motivo o alumnado que non rematou os ciclos da lei anterior LOXSE, ao deixar de impartirse éstes, disporá de dúas convocatorias para presentarse ás probas libres e superar os módulos pendentes para obter a titulación. 

As probas libres inclúen a avaliación de todos os módulos dos ciclos formativos extinguidos e que se relacionan no anexo da orde de convocatoria, agás o módulo de FCT. O alumnado disporá de dúas convocatorias, que terán lugar no curso académico seguinte ao da extinción definitiva da docencia do ciclo formativo.


Logo de rematadas as dúas convocatorias, o alumnado que aínda teña módulos pendentes e desexe finalizar os seus estudos poderá matricularse nas ensinanzas do novo título equivalente. Para isto aplicarase o réxime de validacións de módulos regulados no real decreto do título correspondente.

PRAZOS PARA A INSCRICIÓN:
  • Para a primeira convocatoria: do 5 ao 15 de xullo de 2016
  • Para a segunda convocatoria: do 5 ao 15 de maio de 2017
CICLOS NOS QUE SE CONVOCAN PROBAS:

Guia Orientapas de estudios superiores 2016

Guia de información de estudos superiores 2016 elaborada por Alberto Del Mazo en el Blog Orientapas

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...