Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

martes, 27 de junio de 2017

A Formación Profesional de Química no IES A Sardiñeira

Folleto informativo sobre a oferta de Formación Profesional de Química no IES A Sardiñeira, elaborado entre o Departamento da Familia de Química e o Departamento de Orientación. 

INSCRICIÓN CICLOS ORDINARIO E ADULTOS:
INSCRICIÓN CICLO DUAL:









viernes, 23 de junio de 2017

Instrucións de admisión na FP en Galicia para o curso 2017/2018

Consulta aquí todas as novidades sobre a admisión en FP para o curso 2017/2018





PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
  • Período ordinario: do 26 de xuño ao 4 de xullo de 2017
  • Período extraordinario: do 1 ao 8 de setembro de 2017

CALENDARIO OFICIAL DE ADMISIÓN PUBLICADO NA WEB DA CONSELLERÍA:
PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE:
  • A solicitude vía web é obrigatoria e realizarase para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.
  • Deberá cubrirse unha única solicitude para cada grao (medio ou superior).
  • Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser debídamente entregada e en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. 
  • No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.
As persoas con praza adxudicada poden: 
  • Matricularse: deberase facer no centro adxudicado e nos prazos establecidos. Estar matriculado en calquera ensinanza, incluída a FCT, implica a renuncia a participar no proceso de admisión a ciclos formativos.
  • Renunciar á praza: deberase facer, nos prazos establecidos, en calquera centro público de Galicia con oferta de FP ou a distancia a través da aplicación informática. A renuncia afectará á praza que lle foi adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. Seguirase no proceso de adxudicación para os ciclos anteriores á praza que se renuncia. 
  • Non matricularse nin renunciar: as persoas que non se matriculen nin renuncien a prazas adxudicadas do réxime ordinario quedarán excluídas do proceso de admisión para este réxime e só se poderán matricular en prazas que queden vacantes ou liberadas.


REQUISITOS DE ACCESO:
* Para este curso 2017/2018 o título de ESO permitirá acceder indistintamente a calquera das ensinanzas postobrigatorias, non teñen efecto académico as probas de avaliación final (A disposición derradeira quinta da LOMCE foi modificada polo Real decreto-lei 5/2016, do 9 de decembro, e desenvolvido polo Real decreto 562/2017, do 2 de xuño,  ata a entrada en vigor da normativa resultante do Pacto de Estado social e político pola educación).













DISTRIBUCIÓN DAS PRAZAS POR COTAS E GRUPOS. CICLOS MEDIOS:


As prazas ofrecidas para cada centro e ciclo distribúense en tres cotas: cota xeral, cota para persoas con discapacidade legalmente recoñecida (10%) e cota para deportistas de alto nivel ou de alto rendemento (5%).

CICLOS MEDIOS RÉXIME ORDINARIO
Para cada cota haberá tres grupos segundo o tipo de requisitos de acceso:
  • Grupo A, persoas que posúen título da ESO ou titulacións equivalentes para efectos de acceso a ciclos.
  • Grupo B, persoas que teñen título profesional básico (FPB) ou os módulos obrigatorios dos PCPI do curso 2011-2012 ou seguintes.
  • Grupo C, persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos ou outras vías de acceso a ciclos de grao medio.
A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo e para cada centro é:

GRUPO A
ESO ou equivalentes
GRUPO B
FPB e PCPI
GRUPO C
Probas de accceso e outros

Ata o 70%

Ata o 20%

Ata o 10%

PRIORIDADES NA ADMISIÓN EN CADA GRUPO (CICLOS MEDIOS)

Grupo A.
1º Alumnado con título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
2º Outras titulacións equivalentes para os efectos de acceso neste grupo: 
  • Alumnado con título de técnico auxiliar. 
  • Alumnado cun máximo de dúas materias pendentes no conxunto dos dous primeiros cursos de BUP. 
  • Alumnado con título de bacharelato superior. 
  • Alumnado que superou, das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, o terceiro curso do plan de 1963 ou o segundo de comúns experimental. 

Grupo B.
1º Alumnado con título de formación profesional básica que recolla no seu currículo ter preferencia na admisión ao ciclo formativo de grao medio que se solicita.
2º Alumnado con título de formación profesional básica que non recolla no seu currículo ter preferencia na admisión ao ciclo formativo de grao medio que se solicita.
3º Alumnado que superara os módulos obrigatorios dun programa de cualificación profesional inicial.


Grupo C.
1º Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou con curso de formación específico para o acceso a ciclos formativos de grao medio. 
2º Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional. 
3º Alumnado con proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño 
4º Alumnado con título de técnico. 
5º Alumnado con certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato regulado na Lei orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa. 
6º Alumnado con título de bacharelato. 
7º Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista. 
8º Alumnado con título universitario.

En caso de empate seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza. De persistir o empate, resolverase por sorteo público.


DISTRIBUCIÓN DAS PRAZAS POR COTAS E GRUPOS. CICLOS SUPERIORES:

As prazas ofrecidas para cada centro e ciclo distribúense en tres cotas: cota xeral, cota para persoas con discapacidade legalmente recoñecida (10%) e cota para deportistas de alto nivel ou de alto rendemento (5%).


CICLOS SUPERIORES RÉXIME ORDINARIO:


Para cada cota haberá tres grupos segundo o tipo de requisitos de acceso:
  • Grupo A, persoas que posúen título de bacharelato ou equivalente para efectos de acceso a ciclos. 
  • Grupo B, persoas que teñen un título de técnico LOE ou LOXSE. 
  • Grupo C, persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos superiores ou outras vías de acceso a ciclos de grao superior.
A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo e para cada centro é:
GRUPO A
Bacharelato ou equivalentes
GRUPO B
Título de técnico
GRUPO C
Probas de acceso e outros

Ata o 70%

Ata o 20%

Ata o 10%


PRIORIDADES NA ADMISIÓN EN CADA UN DOS GRUPOS (CICLOS SUPERIORES):


Grupo A.
1º Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, e coas materias vinculadas, que se determina no currículo do ciclo. A nota media, de maior a menor, das materias vinculadas empregarase nos casos de empate da nota media do bacharelato.
2º Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, pero sen algunha das materias vinculadas, que se determina no currículo do ciclo.
3º Alumnado con título de bacharelato sen modalidade preferente das determinadas no currículo do ciclo. Alumnado que superara COU ou PREU.
4º Alumnado con certificado acreditativo de ter superado todas as materias do bacharelato LOMCE da modalidade preferente que se determina no currículo do ciclo.
5º Alumnado con certificado acreditativo de ter superado todas as materias do bacharelato sen a modalidade preferente que se determina no currículo do ciclo.
6º Alumnado con título de bacharelato unificado e polivalente (BUP).

Grupo B.
1º Alumnado con título de técnico de formación profesional da mesma familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita.
2º Alumnado con título de técnico de formación profesional de diferente familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita.

Grupo C. 
1º Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional. 
2º Alumnado con proba de acceso a universidade para maiores de 25 anos. 
3º Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista. 
4º Alumnado con título universitario. 

En caso de empate entre varias persoas solicitantes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza. De persistir o empate, resolverase por sorteo público.

ADMISIÓN NO RÉXIME DE PERSOAS ADULTAS:

Deberá cubrirse unha única solicitude para cada modalidade e grao utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.es/fp. Recoméndase ter en conta os itinerarios formativos orientativos. 

Cando a demanda de prazas supere a oferta, hai establecidos uns criterios de selección, para cada unha das cotas. En cada cota de acceso ordénanse as persoas solicitantes atendendo a unha puntuación que ten en conta os requisitos de acceso, a experiencia laboral, os módulos superados no ciclo e as unidades de competencia do ciclo acreditadas.

Neste réxime non existen grupos diferenciados dentro de cada cota de acceso. 
Puntuacións:
a) Por cumprir os requisitos de acceso: 10 puntos. 
b) Pola experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo puntuarase con 0,25 puntos por cada 30 días, ata un máximo de 15 puntos. 
c) Por módulos xa acreditados do ciclo formativo: 2 puntos por cada módulo. 
d) Por unidades de competencia obtidas por participar nos procesos de acreditación de competencias que dean lugar a validación de módulos profesionais do ciclo formativo que se solicita: 2 puntos por cada módulo que fose validable.

As persoas con praza adxudicada poden:
  • Matricularse: deberase facer no centro adxudicado e nos prazos establecidos. Quedará en lista de espera dos módulos do ciclo no que se matricule e que non foran adxudicados. Estar matriculado en calquera ensinanza, incluída a FCT, implica a renuncia a participar no proceso de admisión a ciclos formativos.
  • Non matricularse: seguirase no proceso de adxudicación para os módulos nos que esté en espera. 
O alumnado matriculado nalgún módulo non ten dereito á reserva de praza para o curso seguinte, polo que deberá someterse no curso seguinte ao proceso de admisión.


ADMISIÓN PARA O ALUMNADO QUE PASA A 2º CURSO DE CICLOS:
  • O alumnado que se promova de 1º a 2º curso no mesmo centro deberá entregar a solicitude de reserva de praza para o segundo curso.
  • O alumnado terá dereito a repetir con praza reservada por unha vez no mesmo centro no ano seguinte.
  • O alumnado que se promova ao segundo curso e o repetidor de segundo curso que desexe formalizar a matrícula nun centro diferente deberá presentar nel a solicitude de admisión establecida no anexo I.

ALUMNADO QUE ACCEDE POLA COTA DE DISCAPACIDADE:
  • O alumnado que optase a prazas reservadas para persoas con discapacidade asistirá a unha reunión individual convocada polo Departamento de Orientación do centro educativo que solicitase en primeira opción. 
  • Será obrigatorio levar o certificado do grao de discapacidade e o ditame técnico facultativo á reunión. Tamén se poderá achegar outra documentación que se estime oportuno. 
  • A finalidade da reunión será que a persoa reciba información sobre o currículo das ensinanzas solicitadas, en particular sobre as dificultades que a consecuencia da discapacidade poidan aparecer para a adquisición dos resultados de aprendizaxe do ciclo. 
  • O Departamento de Orientación emitirá un informe, que proporcionará a persoa solicitante, no que constará unha orientación específica e se incluirá unha proposta razoada de escolarización en función das necesidades da persoa solicitante que, de ser o caso, poderá modificar a súa solicitude. 
  • De ser necesario poderase contar coa axuda do equipo de orientación específico da provincia. 
  • Poderanse solicitar informes dos membros da inspección médica de cada delegación para valorar as solicitudes do alumnado con discapacidade e as posibles limitacións para poderen cursar con aproveitamento as ensinanzas.

MATRICULACIÓN E RENUNCIA:
  • As persoas con praza adxudicada en cada fase do proceso teñen a obriga de matricularse nos prazos que se indiquen.
  • No 1º curso do réxime ordinario, quen non fose admitido na praza solicitada en primeiro lugar poderá renunciar á praza outorgada nos mesmos prazos establecidos para a matrícula. Esta renuncia implica tamén desistir de todas as demais prazas solicitadas en opcións de menor preferencia a esa, permanecendo nas listas de espera das opcións con maior prioridade.
  • A renuncia deberase realizar co impreso correspondente, que estará dispoñible en http://www.edu.xunta.es/fp. Este documento, cuberto coa renuncia e asinado, deberá entregarse no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación en calquera centro de Galicia con oferta de formación profesional sostida con fondos públicos ou no centro no que lle fose adxudicada a praza á que vai renunciar. 
  • No caso de solicitudes presentadas telematicamente tamén se poderá realizar a renuncia a través de internet na aplicación informática que se atopa no enderezo web http://www.edu.xunta.es/fp. 

LIBERACIÓN DE PRAZAS: 
  • A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá liberar as prazas vacantes dos ciclos formativos ata o 31 de xullo e o 6 de outubro ás 13:00 horas para alumnado que acredite o cumprimento dos requisitos de acceso. 
  • Os centros efectuarán a matrícula por estrita orde de chegada das solicitudes. 
  • A relación dos ciclos formativos coa condición de liberados e o número de prazas dispoñibles en cada un deles poderase consultar na páxina web de formación profesional.

ENLACES:
LISTAXES DE ADXUDICACIÓN:
  • Publicada a listaxe provisional de solicitudes. Lembra revisar a túa solicitude e de detectar algún erro, debes reclamar antes do ... ás 13´00h, nalgún centro con FP, ou a distancia, a través da aplicación informática
  • Publicada a Listaxe de persoas con praza adxudicada (1ª Adxudicación ordinaria). Lembra que se foche admitido na túa primeira preferencia debes matricularte antes do .... ás 13´00h. Se foche admitido en 2ª ou posterior preferencia podes renunciar no mesmo prazo e só permanecerás nas listas de espera de maior preferencia. Este é o impreso de matrícula e renuncia. 
  • Listaxe de persoas con praza adxudicada (2ª Adxudicación ordinaria). Lembra que se foche admitido na túa primeira preferencia debes matricularte antes do ........ ás 13´00h. Se foche admitido en 2ª ou posterior preferencia podes renunciar no mesmo prazo e só permanecerás nas listas de espera de maior preferencia. Poderías ser admitido (ou non) na 1ª adxudicación extraordinaria que se publicará o ...... de setembro. Este é o impreso de matrícula e renuncia
  • Publicada a Listaxe de persoas con praza adxudicada (1ª adxudicación extraordinaria). Trátase da última lista de admitidos en ciclos que fixeron a solicitude no período ordinario. O prazo de matrícula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o ...... de setembro ata as 13:00 horas do ....... de setembro de 2017. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.
  • Información orientativa. Ciclos formativos e módulos con prazas dispoñibles e sen listaxe de espera (publicado na web da Consellería o ...... de setembro de 2017). 
  • Listaxe de persoas con praza adxudicada na 2ª adxudicación extraordinaria: Esta é a última lista de admitidos para este curso 2017 - 2018. O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue dende o .......... de setembro ata ás 13:00 horas do ....... de setembro de 2017. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.
  • Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes: Abrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o día ...... ás 9:00 horas ata o día ...... de setembro ás 13:00 horas.
  • Prazo para solicitar matrícula simultánea con ESO e Bacharelato: Do 26 ao 29 de setembro (sempre que existan vacantes). Unha vez concedida pódese formalizar matrícula no ciclo se quedan vacantes desde o 3  ata o 6 de outubro. 


Calendario escolar en Galicia 2017/2018

Resultado de imagen de calendario escolar


Publícase a Orde do 12 de xuño de 2017 pola que se aproba o calendario escolar en Galicia para o curso 2017/2018 nos centros sostidos con fondos públicos. O Calendario abrangue 175 días lectivos. 


COMEZO E REMATE DO CURSO:
  • No 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Especial e Educación Primaria: Do 11 de setembro ao 21 de xuño, ambos incluídos.
  • En Educación Secundaria e Formación Profesional: Do 15 de setembro ao 21 de xuño, ambos incluídos. 
  • En Ensinanzas de Réxime Especial: Do 15 de setembro ao 30 de xuño.

COMEDORES ESCOLARES. Os comedores escolares funcionarán en:
  • Educación primaria desde o día 11 de setembro ata o 21 de xuño.
  • Educación secundaria obrigatoria, desde o día 15 de setembro ata o 21 de xuño.

PERÍODOS DE VACACIÓNS:
  • Nadal: desde o día 22 de decembro ata o día 7 de xaneiro.
  • Entroido: días 12, 13 e 14 de febreiro.
  • Semana Santa: desde o día 24 de marzo ao 2 de abril.

DÍAS NON LECTIVOS: 
  • Día do Ensino: 7 de decembro de 2017. 
  • Festivos locais, da Comunidade ou de ámbito estatal. 
  • Un día ou dous días non lectivos propios do centro no caso de que os festivos locais non coincidan con días de clase. 

PERÍODO DE ADAPTACIÓN DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL: 
O período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro terá a mínima duración posible que permita acadar os seus obxectivos e, en todo caso, non se poderá prolongar máis de 10 días lectivos desde a data de inicio das clases.


CONMEMORACIÓNS: Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:
  • 20 de novembro de 2017: Día Universal da Infancia. 
  • 25 de novembro de 2017: Día Internacional contra a Violencia de Xénero. 
  • Do 1 ao 11 de decembro de 2017: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia. 
  • 3 de decembro de 2017: Día Internacional das Persoas con Discapacidade. 
  • 10 de decembro de 2017: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
  • 30 de xaneiro de 2018: Día Escolar da non Violencia e da Paz.
  • 8 de marzo de 2018: Día Internacional da Muller. 
  • 15 de marzo de 2018: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
  • Do 5 ao 9 de marzo de 2018: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.
  •  7 de abril de 2018: Día Mundial da Saúde. 
  • Entre o 23 e o 27 de abril de 2018: Semana do libro.
  •  9 de maio de 2018: Día de Europa. 
  • Do 14 ao 18 de maio de 2018: Semana das Letras Galegas. 
  • 5 de xuño de 2018: Día Mundial do Ambiente.

Admisión en FP Dual en Galicia 2017


Resultado de imagen de fp dual



Estes proxectos combinan os procesos de ensino e aprendizaxe na empresa e no centro de formación.


REQUISITOS:
  • Ter entre 18 e 29 anos ou feitos no ano natural en que comece o ciclo formativo.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos ou para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente.
  • Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

NÚMERO MÁXIMO DE PRAZAS: 
O establecido nos convenios subscritos entre a Consellería e a entidade colaboradora correspondente: www.edu.xunta.es/fp/convenios-dual


LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
  • Cada persoa solicitante presentará 1 única solicitude, que se entregará nun dos centros que teñan oferta de formación profesional dual autorizada.
  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 22 de xuño até as 13.00h do día 30 de xuño de 2017.

DOCUMENTACIÓN:
  • Solicitude de admisión.
  • Copia DNI ou NIE, no caso de non dar consentimento para a comprobación dos datos.
  • Certificación académica relativa aos requisitos de acceso, no caso de non ter realizado os estudos ou as probas de acceso no ámbito de Galicia, ao abeiro da L.O.E.
  • Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo: https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN: realizarase en 2 fases,

1ª) Fase de recollida de documentación e verificación dos requisitos, que se realizará polo centro educativo. Publicará relación persoas solicitantes e procederá ao envío da listaxe á entidade colaboradora.

2ª) Fase de selección das persoas admitidas, que será realizada pola entidade colaboradora. O período de selección das persoas por parte da empresa rematará o día 12 de xullo.

Finalizado o período de selección, no seguinte día hábil, o centro educativo publicará a listaxe de persoas admitidas, a listaxe de persoas en espera ordenadas por orde de prioridade e a listaxe de persoas non seleccionadas.


MATRÍCULA: 
A partir do seguinte día hábil desde a publicación das listaxes e até o 21 de xullo, na secretaría do centro correspondente.

ENLACES: 
Publicación da convocatoria: DOG 21-06-2017.


jueves, 22 de junio de 2017

La tarjeta de calificación de la ABAU

Resultado de imagen de tarxeta ciug


Una vez superada la ABAU te habrán comentado que debes obtener la tarjeta de calificaciones que acredita la superación de la ABAU con las notas especificadas. . Aunque tus datos están gravados en el sistema, es conveniente que recojas y guardes esta tarjeta, ya que la vas a necesitar para realizar diversas gestiones. Por ejemplo te la pedirán si solicitas plaza en la universidad fuera de la comunidad donde realizaste la ABAU o tendrás que presentarla para solicitar plaza en las residencias universitarias públicas o solicitar becas. 

¿DÓNDE SE RECOGE LA TARJETA DE CALIFICACIONES DE LA ABAU?
 Podrás pedirla en la secretaría de tu centro educativo.

¿CUÁNDO PODRÉ RECOGERLA? (convocatoria de junio 2017 en Galicia)
  • El 20 de junio los LERD enviarán por correo urgente a los centros de enseñanza secundaria las tarjetas de calificación de la ABAU.
  • Tras la primera reclamación, el día 26 de junio, los LERD remitirán a los centros las tarjetas ABAU con modificación de nota después del primer plazo de revisión de las calificaciones. 
  • Tras la segunda reclamación, el día 29 de junio, los LERD remitirán a los centros las tarjetas ABAU con modificación de nota después de la segunda revisión de las calificaciones. 
Si no has solicitado reclamación ni doble corrección tu tarjeta definitiva ya estará disponible desde el 21 de junio en tu centro. 

miércoles, 21 de junio de 2017

Aprobé la selectividad (ABAU) ¿ahora qué hago?




  • Tienes de plazo para hacer la preinscripción en la universidad en Galicia desde el 19 de Junio al 3 de Julio del 2017 (hasta las 14´00 horas)
  • ESTUDIAR FUERA DE GALICIA: Si deseas estudiar fuera de Galicia debes consultar las normas y los plazos de la universidad a la que deseas acceder. A través de estos enlaces podrás informarte. 
  1. En este blog: https://monicadizorienta.blogspot.com.es/2017/05/preinscripcion-y-parametros-de.html
  2. Portal del MECD: Servicios de información y preinscripción en todas las universidades.
  3. Notas de corte. 
  • MATRICULARSE EN OTRA UNIVERSIDAD Y CONTINUAR ESTUDIOS EN GALICIA: Puede ocurrir que no tengas la nota suficiente para estudiar el grado que quieres, en este caso puedes plantearte matricularte en otra universidad y luego solicitar un traslado de expediente. Pero antes debes conocer cuales son las condiciones de traslado de expediente en las tres universidades de Galicia:

jueves, 15 de junio de 2017

Convocatoria das probas de acceso ás ensinanzas deportivas 2017


Requisitos de acceso: 


GRAO MEDIO:


a) Título de graduado en ESO na opción de ensinanzas académicas ou na de ensinanzas aplicadas, ou equivalente e superar unha proba específica. Para o acceso ao segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva. 

b) Sen título de ESO e con 17 anos cumpridos, superar a proba de madureza, ademais da proba específica. 
c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou pola proba sustitutiva dos requisitos de titulación para as ensinanzas artísticas superiores. 

GRAO SUPERIOR:

a) Co título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, superar unha proba específica, acreditar un mérito deportivo, experiencia deportiva na especialidade e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos para efectos académicos: Bacharel ou equivalente, Técnico superior, Título universitario, Certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato. 
b) Sen título académico, e con 19 anos, superar unha proba de madureza, ou 18 anos se se ten o título de técnico deportivo da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel a que se desexa acceder. 
c) A proba de madureza poderase substituír pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de FP ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou pola proba sustitutiva dos requisitos de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.


Prazo de inscrición nas probas: Do 15 de xuño ó 7 de xullo de 2017. 

Aquelas persoas que teñan pendente algunha materia de bacharelato ou ESO poderán presentarse á proba de acceso, sempre e cando acrediten no prazo de matrícula, no mes de setembro, a superación da materia ou materias pendentes. En calquera caso poderán presentarse á proba de madureza, que se celebrará o 4 de setembro.

A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se imparten ensinanzas deportivas indicados no anexo IV, coa excepción dos aspirantes ás especialidade de Hípica e de Vela, que deberán formalizala nos centros públicos a que están adscritos.

Celebración da proba de madureza: 
O 4 de setembro de 2017 no IES As Fontiñas en Santiago de Compostela. O alumnado que deba realizar a proba de madureza farao constar na epígrafe correspondente da inscrición. No caso de non superar a dita proba, non será admitido na específica.

Celebración das probas específicas para as titulacións de técnicos deportivos: Setembro do 2017. Ver na resolución as datas concretas de cada especialidade e os lugares de cada proba. 


Prazo de matrícula nas ensinanzas deportivas: Dende a data da publicación de admitidos en cada especialidade ata o 29 de setembro de 2017.


MÁIS INFORMACIÓN: 

Distribución das materias de ESO e Bacharelato LOMCE en Galicia



martes, 13 de junio de 2017

Nueve preguntas para conocer la FP

Desde el portal Todo FP del Ministerio de Educación recopilamos la información clave para orientarte sobre la Formación Profesional. Aquí tienes las 9 preguntas más frecuentes sobre la FP con enlaces a sus respuestas. 







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...