Os programas de diversificación curricular son unha medida extraordinaria de atención á diversidade para responder ás necesidades do alumnado que presenta dificultades de aprendizaxe.
Consisten nunha modificación e nunha
adaptación do currículo desde o 3º ESO e están orientados á consecución do título de graduada ou graduado en ESO por parte do alumnado que presente dificultades relevantes de aprendizaxe e
para o cal, tras ter recibido medidas de atención á diversidade nos dous primeiros cursos
da etapa, se considere que é a medida máis axeitada para a obtención do dito título.
Cales son as súas características?
- Teñen unha duración de dous anos, nos que se cursa 3º e 4º de ESO.
- Para a impartición dos ámbitos destes programas conformaranse grupos entre 5 e 10 alumnos como máximo, con carácter xeral.
- Cada grupo de alumnado que integre un PDC contará cun profesor/a titor/a, que terá entre as súas funcións a orientación do alumnado do programa e a súa atención personalizada, a coordinación do equipo docente que imparte o programa, a relación coas familias e a coordinación co profesorado titor do grupo de referencia de cada alumna e alumno integrante do programa.
- Cada ámbito específico será impartido por un único profesor ou profesora, pertencente a un dos departamentos didácticos a quen corresponda a atribución docente das materias que forman parte do ámbito.
- Por razóns organizativas, a parte do currículo correspondente á lingua estranxeira do ámbito Lingüístico e Social poderá ser impartida, de xeito independente, por profesorado da especialidade da lingua estranxeira. No caso de que o ámbito Lingüístico e Social sexa impartido por unha profesora ou un profesor dunha especialidade diferente á que é propia da materia de Lingua Estranxeira, deberá acreditar, polo menos, o nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas na lingua correspondente.
- Os alumnos/as que sigan un PDC terán un grupo ordinario de referencia co que cursarán as materias non pertencentes aos ámbitos.
- Nos programas de diversificación curricular empregarase unha metodoloxía específica que lle permita ao alumnado acadar os obxectivos da etapa e as competencias clave establecidas no perfil de saída, a través dunha organización en ámbitos de coñecemento, actividades prácticas e, de ser o caso, materias, diferente á establecida con carácter xeral.
Como se organizan as materias nun PDC?
O currículo dos programas de diversificación curricular incluirá os seguintes ámbitos:
O currículo dos programas de diversificación curricular incluirá os seguintes ámbitos:
a) Ámbito lingüístico e social, que abrangue os aspectos básicos do currículo correspondente ás materias de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, Lingua Estranxeira e Xeografía e Historia.
b) Ámbito científico e matemático, que abrangue os aspectos básicos do currículo correspondente ás materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, e Física e Química.
Estes programas incluirán tamén o resto de materias do terceiro e do cuarto cursos. No cuarto curso, o alumnado só elixirá unha das materias de opción
Cal é o horario dos ámbitos?
O horario semanal dos dous ámbitos de coñecemento que compoñen o PDC será dun total de 20 horas semanais, distribuídas como sigue:
a) Ámbito lingüístico e social: 12 horas.
b) Ámbito científico e matemático: 8 horas.
No grupo de PDC haberá tamén unha sesión semanal de titoría.
O resto das materias serán compartidas co grupo de referencia.
Requisitos para incorporarse a un PDC?
- Presentar dificultades relevantes de aprendizaxe.
- Ter recibido medidas de atención á diversidade nos dous primeiros cursos da etapa.
- Ter cursado 2º curso de ESO e non estar en condicións de promocionar ao 3º curso. Neste caso incorporaranse ó 1º curso do PDC (3º ESO).
- Ter cursado 3º curso de ESO e non estar en condicións de promocionar ao 4º curso (neste caso o alumnado que non poida repetir o 3º ESO poderá incorporarse ao segundo curso do PDC correspondente ao 4º ESO).
- Aqueles alumnos que teñan que repetir 4º ESO, poderán incorporarse excepcionalmente ó segundo curso do PDC.
Procedemento de incorporación do alumnado ao PDC:
1º Proposta do equipo docente: Realizada a avaliación final, o equipo docente realizará unha proposta razoada do alumnado que podería incorporarse ao programa.
2º Informe do titor/a: Esa proposta concretarase nun informe individualizado, elaborado polo titor/a, en que constará a competencia curricular do alumno/a en cada materia, as dificultades de aprendizaxe presentadas, as medidas de atención á diversidade aplicadas e os motivos polos que o equipo docente considera a conveniencia de que o alumno/a se integre nun PDC. Ese informe trasladarase á xefatura do Departamento de Orientación.
3º Informe de Orientación e reunión cos pais: A xefatura do Departamento de Orientación realizará un informe de idoneidade a cada un dos alumnos e das alumnas propostos/as polo equipo docente para incorporar ao PDC. No informe debe constar, entre outros aspectos, as conclusións das reunións co profesorado titor e, se se trata de alumnado menor de idade, cos pais, as nais ou titores/as legais de cada alumno/a para lles formular a conveniencia da súa incorporación a un PDC. Deixarase constancia escrita da opinión dos pais, as nais ou titores/as legais respecto da proposta formulada.
4ª Proposta definitiva de incorporación a un PDC: Posteriormente, unha comisión formada polo/a xefe/a de estudos, que exerce a súa presidencia, a persoa que exerza a xefatura do Departamento de Orientación e o/a titor/a do alumno/a valorará os informes emitidos e a opinión, de ser o caso, do pai, a nai ou os/as titores/as legais, realizando unha proposta ao/á director/a sobre a incorporación ao PDC.
5º Informe do director/a á Inspección Educativa: O director/a do centro docente elevará a proposta de autorización sobre a incorporación do alumnado ao PDC ao servizo provincial de Inspección Educativa. Á solicitude achegaráselle a relación de alumnado proposto e a relación de profesorado que vai impartir cada un dos ámbitos do programa.
6º Autorización de Inspección Educativa: O servizo provincial da Inspección Educativa emitirá a autorización expresa para o desenvolvemento dos PDC que cumpran os requisitos establecidos, e que será comunicada aos centros escolares antes do comezo do curso.
- O alumnado do programa de diversificación curricular será avaliado polo profesorado que imparte cada un dos ámbitos e materias, baixo a coordinación do profesorado titor do programa e do profesorado titor do grupo de referencia.
- As cualificacións dos ámbitos realizaranse nos mesmos termos que as materias.
- Na ESO os alumnos promocionarán de curso cando superasen todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en 2 materias como máximo. Iso significa que o alumnado de PDC non poderá ter avaliación negativa en ningún dos dous ámbitos (Lingüísto e Social ou Cientifico e matemático).
- Tamén poderá promocionar o alumnado con máis de dúas materias sen superar, sempre e cando cumpra todas e cada unha das seguintes condicións:
a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias e en todos os ámbitos en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.b) Que a suma dos períodos lectivos semanais establecidos no anexo IV das materias ou dos ámbitos con avaliación negativa non sexa superior a dez. Para estes efectos, non se considerarán as materias pendentes de cursos anteriores nin as horas de libre disposición.c) Que o equipo docente considere que as materias ou os ámbitos con avaliación negativa non lle impiden seguir con éxito o curso seguinte.d) Que o equipo docente considere que ten expectativas favorables de recuperación.e) Que o equipo docente considere que a devandita promoción beneficiará a súa evolución académica.
- O alumnado que acade a promoción de curso con materias ou ámbitos sen superar deberá seguir un plan de reforzo en cada unha desas materias ou ámbitos, destinado á súa recuperación e á súa superación. Este alumnado deberá superar as avaliacións correspondentes aos devanditos plans. Esta circunstancia será tida en conta para os efectos de promoción e titulación previstos neste artigo e no seguinte.
- As materias de cursos anteriores integradas nalgún dos ámbitos consideraranse superadas se se supera o ámbito correspondente.
- Nos programas de diversificación curricular, as decisións sobre a permanencia neles un ano máis adoptaranse exclusivamente á finalización do segundo ano do programa.
- En todo caso, a alumna ou o alumno poderá permanecer no mesmo curso unha soa vez, e dúas veces como máximo ao longo do ensino obrigatorio. De xeito excepcional, poderase permanecer un ano máis no cuarto curso, aínda que se esgotase o máximo de permanencia, sempre que o equipo docente considere que esta medida favorece a adquisición das competencias clave establecidas para a etapa. Neste caso poderase prolongar un ano o límite de idade.
Obterá o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria o alumnado que supere todas as materias ou os ámbitos cursados. Ademais de no caso anterior, o equipo docente poderá decidir a obtención do título por parte dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran tamén todas as condicións seguintes:
a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias e en todos os ámbitos en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.b) Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno adquirira as competencias clave establecidas no perfil de saída.c) Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno alcanzase os obxectivos da etapa. Para estes efectos, nos criterios de titulación establecidos polos centros docentes non se poderán fixar número nin tipoloxía de materias non superadas.
O alumnado que, logo de finalizado o proceso de avaliación do 4º ESO, non obteña o título e supere os límites de idade establecidos, poderao facer nos dous cursos seguintes a través da realización de probas ou actividades personalizadas extraordinarias das materias ou dos ámbitos que non superase, de acordo co currículo establecido neste decreto e nos termos que dispoña a consellería con competencias en materia de educación.
Lexislación que regula os PDC en Galicia:
- Artigo 22 do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Artigo 61 da ORDE do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Artigo 10 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
Entonces el primer gráfico es erróneo ¿no? No pueden pasar de 2° de la ESO al primer curso de PMAR ¿es así? Gracias
ResponderEliminarTenías razón, el gráfico no se correspondía con la legislación en Galicia. He puesto un cuadro nuevo. Muchísimas gracias por la corrección. Un saludo.
EliminarLa incorporación de estos programas es progresiva o ya esta funcionado en todos los centros de ESO?
ResponderEliminarEn galicia ya llevamos 3 años con ellos
EliminarÉ preciso un profesor para cada materia do ámbito ou un profesor habilitado para impartir todas as materias dun ámbito?
ResponderEliminarCada ámbito debe ser impartido por un sólo profesor
EliminarA niña duvida e saber que caque cando un alumno odteña o título de graduado en educación secundaria obrigatoria, poder cursar logo o menos ciclo superior que outro alumno que cursase a eso normalmente????
ResponderEliminarPode un alumno que curse pmar logo acceder o mesmo ciclo que un que curse a Eso notmal?
ResponderEliminarPor supuesto, siempre
EliminarBos días, eu quixera saber se o programa se imparte nos mesmos centros ou existen centros específicos? No caso de ser no propio centro de orixe, é preciso que exista un grupo de 4/5 alumnos ou pódese levar a cabo con 1 só?
ResponderEliminarBos días. a miña dúbida é se existen centros específicos onde se imparte o PMAR ou se levan a cabo no centro ordinario?, e nese caso, é preciso contar cun grupo de 4/5 alumnos para levalo a cabo ou pódese impartir cun alumno só?
ResponderEliminar