Publícase a Orde do 28 de maio de 2018 pola que se aproba o calendario escolar en Galicia para o curso 2018/2019 nos centros sostidos con fondos públicos. O Calendario abrangue 175 días lectivos.
CALENDARIO ESCOLAR GALICIA 2018/2019
- Educación Infantil (2º ciclo), Educación Especial e Educación Primaria: Do 12 de setembro ao 21 de xuño, ambos incluídos.
 - Educación Secundaria e Formación Profesional: Do 17 de setembro ao 21 de xuño, ambos incluídos.
 - Ensinanzas de Réxime Especial: Do 17 de setembro ao 28 de xuño.
 
COMEDORES ESCOLARES. Os comedores escolares funcionarán en:
- Educación primaria desde o día 12 de setembro ata o 21 de xuño.
 - Educación secundaria obrigatoria, desde o día 17 de setembro ata o 21 de xuño.
 
PERÍODOS DE VACACIÓNS:
- Nadal: desde o día 22 de decembro ata o día 7 de xaneiro.
 - Entroido: días 4, 5 e 6 de marzo.
 - Semana Santa: desde o día 13 ao 22 de abril.
 
- Día do Ensino: 7 de decembro de 2018.
 - Festivos locais, da Comunidade ou de ámbito estatal.
 - Un día ou dous días non lectivos propios do centro no caso de que os festivos locais non coincidan con días de clase.
 
O período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro terá a mínima duración posible que permita acadar os seus obxectivos e, en todo caso, non se poderá prolongar máis de 10 días lectivos desde a data de inicio das clases.
PROBAS FINAIS E PROBAS EXTRAORDINARIAS:
- ESO: O alumnado de ESO con materias pendentes de cursos anteriores será convocado, de ser o caso, a unha proba final durante o mes de maio de 2019.
 - Bacharelato: Antes do 21 de xuño. O alumnado de 2º de bacharelato con materias pendentes de cursos anteriores será convocado, de ser o caso, a unha proba final que se adecuará ás datas previstas para a ABAU. A convocatoria extraordinaria destas probas deberá realizarse antes do 21 de xuño de 2019. As probas finais da convocatoria extraordinaria do segundo curso de bacharelato realizaranse entre o 17 e o 21 de xuño de 2019.
 
CONMEMORACIÓNS: Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:
- 20 de novembro de 2018: Día Universal da Infancia.
 - 25 de novembro de 2018: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
 - Do 3 ao 10 de decembro de 2018: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.
 - 3 de decembro de 2018: Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
 - 10 de decembro de 2018: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
 - 30 de xaneiro de 2019: Día Escolar da non Violencia e da Paz.
 - 8 de marzo de 2019: Día Internacional da Muller.
 - 15 de marzo de 2019: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
 - Do 11 ao 15 de marzo de 2019: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.
 - 7 de abril de 2019: Día Mundial da Saúde.
 - Entre o 23 e o 26 de abril de 2019: Semana do libro.
 - 2 de maio de 2019: Día Internacional contra o Acoso Escolar.
 - 9 de maio de 2019: Día de Europa.
 - Do 13 ao 17 de maio de 2019: Semana das Letras Galegas.
 - 5 de xuño de 2019: Día Mundial do Medio Ambiente.
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario