Publicouse a RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2026 pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2026/27.
REQUISITOS DE ACCESO:
a) Título de graduado en ESO ou equivalente e superar unha proba específica ou acreditar un mérito deportivo, experiencia profesional ou deportiva, ou as tres condicións de forma conxunta.
b) Sen título de ESO e con 17 anos cumpridos no ano natural de celebración da proba, superar a proba substitutiva do requisito de titulación, ademais dos outros requisitos específicos.
c) A proba sustitutiva do requisito de titulación poderase substituír por:
1º. Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional. c) A proba sustitutiva do requisito de titulación poderase substituír por:
2º. Parte común da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
3º. Proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao medio de artes plásticas e deseño.
4º. Proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño.
5º. Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
Ademais dos requisitos de acceso de carácter xeral, para o acceso ás modalidades ou especialidades deportivas de Fútbol, Fútbol sala, Baloncesto, Balonmán, Atletismo e Vela requirirase a superación da proba de carácter específico regulada nesta resolución, ou acreditar méritos deportivos no caso de Baloncesto e Balonmán.
GRAO SUPERIOR:
a) Co título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, pódese requerir unha proba específica, acreditar un mérito deportivo, experiencia deportiva na especialidade, ou as tres condicións de forma conxunta que se poidan establecer na especialidade ou modalidade correspondente, e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos para efectos académicos: Bacharelato, Técnico superior, Título universitario.
b) Sen título académico, e con 19 anos cumpridos no ano natural, superar unha proba substitutiva do requisito de titulación, ter o título de técnico deportivo da modalidade ou especialidade deportiva correspondente.
c) A proba sustitutiva do requisito de titulación poderase substituír por:
2º. Proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño.
3º. Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
ACCESO PARA PERSOAS ASPIRANTES CON DISCAPACIDADE:
As persoas con discapacidade poderán requirir a adaptación que corresponda para a realización das probas de acceso ás devanditas ensinanzas.
Para tal efecto, farano constar na epígrafe correspondente na solicitude de inscrición e deberán presentar, xunto coa súa inscrición no procedemento de acceso e admisión ás ensinanzas deportivas, a documentación que acredite oficialmente a súa discapacidade e unha solicitude de adaptación dos medios e das condicións de realización da proba de acceso da modalidade deportiva que corresponda cunha antelación de 10 días á data da realización das probas.
EXENCIÓN DA REALIZACIÓN DA PROBA ESPECÍFICA DE ACCESO:
Poderán solicitar a exención da realización da proba específica as persoas que aleguen mérito deportivo, no caso das modalidades de Baloncesto e Balonmán, así como as que conten con experiencia profesional ou deportiva en calquera modalidade.
Ademais, poderán ser obxecto de exención da realización da proba específica de acceso, en cada unha das modalidades de ensinanza deportiva implantadas na Comunidade Autónoma de Galicia, aquelas persoas que acrediten, con carácter xeral, a condición de deportista de alto nivel ou deportista de alto rendemento nas condicións que establece o Real decreto 971/2007, do 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento, para a modalidade deportiva correspondente.
A valoración dos méritos e a resolución sobre a substitución da proba específica ou exención correspóndelle ao tribunal avaliador.
As condicións da exención pódense consultar neste enlace:
O procedemento de solicitude de exención require a inscrición correspondente nas probas de carácter específico obxecto desta convocatoria.
INSCRICIÓN NAS PROBAS:
- Proba substitutiva do título de ESO: do 2 de maio ó 25 de xuño.
- Proba substitutiva do título de Bacharelato: do 2 de maio ó 15 de maio.
As persoas que, estando matriculadas en 4º ESO, estean pendentes do procedemento de revisión no centro, ou de resolución do departamento territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a respecto de reclamación das cualificacións do curso actual, deberán presentar igualmente a solicitude de inscrición no prazo establecido e realizar a proba específica. De permitir o resultado da reclamación a obtención do título de educación secundaria obrigatoria, estas persoas serán avaliadas da proba de carácter específico realizada.
A inscrición para realizar as probas farase na secretaría dos centros públicos vinculados a cada modalidade deportiva, indicados no anexo IV da resolución, necesariamente naquelas nas que se van celebrar as probas.
Nas modalidades deportivas de fútbol e atletismo a solicitude presentarse necesariamente na secretaría do centro elixido para realizar a proba específica. Excepcionalmente, a solicitude poderá presentarse no IES Río Cabe e no IES As Barxas, indicando en cal dos centros do anexo IV o alumnado solicita realizar a proba.
CELEBRACIÓN DAS PROBAS:
- PROBA SUBSTITUTIVA DO REQUISITO DE TITULACIÓN PARA GRAO MEDIO: O 3 de xullo de 2026 no IES San Clemente en Santiago de Compostela.
- PROBA SUBSTITUTIVA DO REQUISITO DE TITULACIÓN PARA GRAO SUPERIOR: O 26 de maio de 2026, no IES San Clemente en Santiago de Compostela.
- PROBAS ESPECÍFICAS DE ACCESO DE GRAO MEDIO: Ó longo do mes de xullo, ver as datas na resolución.
- Non se convocan probas de acceso de grao superior de carácter específico para ningunha modalidade deportiva.
PRAZO DE MATRÍCULA NAS ENSINANZAS DEPORTIVAS:
O prazo de matrícula das persoas aspirantes que superen o citado proceso de admisión será dende o día da data de publicación das cualificacións definitivas ata o 31 de xullo de 2026.
CENTROS PARA REALIZAR A INSCRICIÓN NAS PROBAS:
CONSULTA ESTES ENLACES PARA INFORMARTE:
- Enlace coa Resolución do 17 de abril de 2026 e coa páxina da convocatoria: Publicación do calendario, requisitos de acceso, contidos das probas, listaxes, cualificacións... .

No hay comentarios:
Publicar un comentario