Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

miércoles, 12 de abril de 2023

Premios Extraordinarios de Bacharelato 2023

Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia as probas para obtención dos Premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase ditos estudos no curso 2022-2023.

Imagen en Pixabay

REQUISITOS:

a) Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2022-2023 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.

b) Ter obtido unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos.


PRAZO DE SOLICITUDES:
O prazo de presentación de solicitudes será do 26 de abril ó 25 de maio de 2023.

PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE: 
  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación PremiosEdu. 
  • Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
  • Ver máis instrucións na convocatoria. 

ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS:
As persoas aspirantes con necesidades educativas especiais deberán facer constar a dita circunstancia na solicitude para que se poidan valorar as medidas de adaptación que se consideren necesarias e deberán achegar a documentación que acredite tal condición.

CONSULTA DE LISTADO DE ALUMNADO ADMITIDO NA PROBA:
A relación de alumnado admitido e excluído e as puntuacións obtidas polas persoas candidatas publicaranse no portal educativo https://www.edu.xunta.gal e na páxina de inicio da aplicación https://www.edu.xunta.gal/premiosedu.
Poderase solicitar información no enderezo de correo electrónico premios@edu.xunta.gal

REALIZACIÓN DA PROBA PARA A OBTENCIÓN DO PREMIO:
O alumnado deberá realizar unha proba presencial que terá carácter único en todo o territorio da Comunidade, que terá lugar de forma simultánea nas distintas sedes.

A proba estrutúrase en dúas partes:

1. Primeira parte, que se desenvolverá en dúas horas:
1.1. Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario.
1.2. Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na Primeira Lingua Estranxeira II cursada polo alumnado como materia xeral do bloque de materias troncais do bacharelato. O exercicio realizarase sen dicionario no idioma correspondente. 

2. Segunda parte, que se desenvolverá nunha hora:
Desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado para elixir entre as seguintes: 
  • Matemáticas II
  • Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II
  • Latín II
  • Fundamentos da Arte II.

DATA DA PROBA:
  • A realización da proba terá lugar o día 14 de xuño de 2023 e realizarase nos lugares e no horario que se darán a coñecer mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https:// www.edu.xunta.gal)
  • En dita resolución fixaranse, asemade, os lugares e o horario de realización da proba, que serán na provincia onde se atope o expediente do alumno/a.

NÚMERO E CARACTERÍSTICAS DOS PREMIOS: 

1. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.
2. Cada premio estará dotado con 1.000 €.
3. Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacion ais de bacharelato.
4. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais da contía económica, un diploma acreditativo. A distinción de obter premio extraordinario farase constar nas certificacións académicas que se emitan.
5. O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional.
6. O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público.


PROBAS REALIZADAS EN CURSOS ANTERIORES:

ENLACES PARA INFORMARSE:








No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...