A Escola Oficial de Idiomas convoca as probas de clasificación para o acceso a estudos oficiais de idiomas no curso 2023-2024.
Imaxe de Pixabay |
Alumnado que desexe matricularse nos estudos oficiais da Escola Oficial de Idiomas e xa teña coñecementos previos, de maneira que permite comezar os estudos por un curso superior ao primeiro en función do nivel de coñecementos que se obteña na proba.
Datas de celebración:
Do 26 ó 28 de xuño de 2023.
Data de inscrición:
Do 19 ó 22 de xuño de 2023.
Taxas:
17 euros por idioma.
Requisitos:
- 16 anos cumpridos antes do 31 de decembro do ano no que se matricula na proba se o idioma é o mesmo que o cursado na ESO como 1ª lingua estranxeira
- 14 anos cumpridos antes do 31 de decembro do ano no que se matricula na proba se o idioma é diferente ao cursado na ESO como 1ª lingua estranxeira
- As probas de clasificación non certifican un nivel de lingua, senón que unicamente fixa o nivel de acceso en caso de quererse matricular nos estudos da EOI na modalidade oficial
- A probas de clasificación non outorgan automaticamente unha praza, o alumnado deberá optar ás prazas na EOI mediante o procedemento de preinscrición
- O resultado das probas de clasificación terán unha vixencia de 2 cursos académicos para os efectos de preinscrición e matrícula nas EOI de Galicia
Máis información en:
- Ver presentación neste enlace: https://www.canva.com/design/DAFBbYmMbg0/view
- Web da EOI A Coruña: https://www.edu.xunta.gal/centros/eoicoruna/node/201
No hay comentarios:
Publicar un comentario