Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

viernes, 7 de febrero de 2025

Acreditación do alumnado NEAE con Altas Capacidades Intelectuais no proceso de admisión

Durante o proceso de admisión e matriculación do alumnado que inicia as etapas de 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos en Galicia, resérvanse postos escolares para o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo (NEAE).



Neste enlace podes ver como é o proceso de acreditación para todos os casos NEAE, pero na seguinte entrada imos analizar como debe ser o procedemento no caso do alumnado con Altas Capacidades Intelectuais (AACCII).

DEFINICIÓN DE ALUMNADO CON AACCII:

En primeiro lugar lembraremos como se define ó alumnado con ACCII en Galicia, según o artigo 9 da Orde do 8 de setembro de 2021, que dice o seguinte:

1. O alumnado con alta capacidade intelectual caracterízase por un potencial elevado nalgunha ou nalgunhas áreas do desempeño humano, en comparación cun grupo de referencia e, considerando as súas posibles manifestacións, diferénciase a precocidade, o talento e a superdotación.
2. Sen prexuízo do anterior e para os efectos desta orde, considérase alumnado con alta capacidade intelectual o que presenta unha capacidade intelectual igual ou superior a 130 de cociente intelectual, un alto nivel de creatividade e persistencia nas tarefas de alta complexidade intelectual ligadas ás súas áreas de interese.
3. É competencia e responsabilidade da xefatura do departamento de orientación, coa colaboración, de ser o caso, dos equipos de orientación específicos, a acreditación da alta capacidade intelectual.

Según o anterior, para acreditar a un alumno/a con AACCII, débense cumprir as seguintes condicións:
- CI igual ou maior a 130.
- Alto nivel de creatividade.
- Persistencia nas tarefas de alta complexidade intelectual.

No caso do alumnado menor de 8 anos de idade (ver protocolo de AACCII en Galicia), as AACCII teñen manifestación de precocidade intelectual, polo que a partir desa idade débese realizar una nova avaliación psicopedagóxica que acredite as AACCII.


QUEN ACREDITA AS ACCII:

Según a lexislación vixente únicamente os servizos de orientación educativa dependentes da Aministración Educativa poden acreditar dita condición, é dicir, os Departamentos de Orientación dos centros sostidos con fondos públicos e/ou os Equipos de Orientación Específicos. Deste xeito, os informes non realizados por estes servizos non se poden considerar oficiais nin suficientes, e precisarán dunha nova avaliación.


DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLAS FAMILIAS DURANTE A SOLICITUDE DE PRAZA:

O número de postos escolares por unidade reservados para o alumnado con NEAE no primeiro curso de cada etapa (4º de infantil, 1º de primaria e 1º de secundaria obrigatoria) será de 3.

Para optar a un posto reservado para o alumnado NEAE que inicia unha nova etapa nun centro educativo sostido con fondos públicos, neste caso por AACCII, as familias deberán aportar a documentación xustificativa que acredite oficialmente dita condición, isto é, informe psicopedagóxico do Departamento de Orientación do centro educativo de procedencia ou informe do EOE.

Posto que a precocidade intelectual é considerada unha manifestación de AACCII ata os 8 anos, é válida esta acreditación para 4º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria. Despois desta idade requírese nova avaliación psicopedagóxica, polo que se a familia aporta un informe que acredita precocidade intelectual para a admisión en 1º de ESO non será suficiente dito informe, e deberá realizarse nova avaliación psicopedagóxica.

Os informes externos, non elaborados polos servizos de orientación correspondentes, por ex. informes de sevizos privados, considéranse informes complementarios, pero non son suficientes nin teñen validez oficial para acreditar as AACCII.

Para poder abordar adecuadamente este proceso é conveniente, por tanto, que o alumno/a estea debidamente acreditado polo centro de procedencia.


COMO DEBE DE PROCEDER O CENTRO QUE RECIBE A SOLICITUDE:

No prazo máximo de 10 días hábiles seguintes ao da presentación da solicitude de admisión, o Departamento de Orientación do centro receptor da solicitude, debe de realizar unha avaliación psicopedagóxica inicial e presentar as conclusións nun informe, que será trasladado pola dirección do centro xunto coa documentación xustificativa e a solicitude de admisión á Dirección Territorial respectiva, para a súa valoración no EOE.


AVALIACIÓN PSICOPEDAGÓXICA INICIAL:

Según o artigo 16.2. da Orde do 8 de setembro de 2021, esta avaliación psicopedagóxica será solicitada pola dirección do centro á xefa ou xefe do Departamento de Orientación. Neste mesmo artigo establécese que, no caso de alumnado matriculado noutro centro, solicitarase a información necesaria á xefatura de departamento de orientación do centro de procedencia.

Para realizar dita avaliación haberá que recabar información do centro de procedencia, reunirse coa familia e co alumno/a, analizar a documentación xustificativa, e no caso de que non estea debidamente acreditado, débese valorar ó alumno/a con ferramentas cualitativas e psicométricas adecuadas. 

É necesario recoller información sobre:
  • Capacidade intelectual
  • Creatividade
  • Estilo/ritmo de aprendizaxe e persistencia.
  • Nivel curricular.
  • Interese.
  • Motivación.
  • Aspectos socioemocionais.
  • Medidas aplicadas (enriquecemento / flexibilizacións).
  • É moi importante especificar claramente no informe o nome das probas psicométricas aplicadas polos servizos de orientación coa data de realización.

COMO PROCEDERÁ O EQUIPO DE ORIENTACIÓN ESPECÍFICO:

O Equipo de Orientación Específico, á vista da documentación e do informe psicopedagóxico inicial do centro, emitirá o seu informe preceptivo e non vinculante en que se indique se procede ou non a escolarización con cargo á reserva de prazas de alumnado con NEAE.

Durante o proceso de valoración da documentación, o EOE poderá, de considerar necesario, realizar unha avaliación complementaria. 

Finalmente, o informe será remitido pola Dirección Territorial aos centros afectados con copia á inspección educativa, antes da publicación da listaxe provisional do alumnado admitido e non admitido.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...