Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

sábado, 1 de marzo de 2014

AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO EN GALICIA



En que consisten as probas de acceso a ciclos de Grao Medio?
Os alumnos que non acadan o título de Educación Secundaria e desexan acceder a un Ciclo de formación profesional de Grao Medio poden presentarse a unha proba, coa que, unha vez superada, se obtén  un certificado que permite o acceso a calquera Ciclo de Grao Medio.

Que requisitos hai que cumprir?
Débese ter cumpridos os 17 anos ou  cumprilos no ano natural en que se celebra a proba (é dicir, cumprir os 17 antes de que remate decembro do mesmo ano en que se celebra a proba).

Que tramites hai que realizar?
Nos prazos que se determinen (aproximadamente en  febreiro) deberase presentar unha solicitude para participar na proba, no propio centro onde se estea estudando, e se se está desescolarizado, en calquera centro onde se imparta formación profesional.
Esta solicitude se pode pedir en calquera centro de ensino secundario.
Xunto coa solicitude terase que entregar unha fotocopia do DNI.
Unha vez feita esta inscrición só hai que estar pendente das datas, horarios e lugar das probas. Normalmente  celébranse no mes de maio, en horario de mañá e tarde e nos IES asignados.
As notas saen a finais de xuño de tal xeito que se se supera a proba pódese facer a solicitude de praza en ciclos no prazo ordinario (finais de xuño), e terase preferencia sobre os que presentan a solicitude de admisión en setembro.
Para estes alumnos resérvase o 10% das prazas do ciclo e tense en conta a nota media acadada na proba.

En que consiste a proba?
Consistirá en tres partes:
1ª parte:  sociolingüística  (con exercicios sobre contidos  de lingua e literatura española, de lingua e literatura galega e de ciencias sociais).
2ª parte: de contidos de tipo científico – técnico (con exercicios sobre contidos de Ciencias da Natureza e Tecnoloxía).
3ª parte: de contidos matemáticos.

Podo convalidar algunha parte da proba?
As posibilidades de solicitar a exención da proba completa o dalgunha parte da proba está resumidas neste cadro:


Que nota hai que acadar?
Para a superación da proba hai que acadar unha cualificación mínima de 5 como nota media das tres partes.  Para realizar a media hai que acadar un mínimo de catro en cada parte.

Cantas veces se pode presentar á proba?
Tantas veces como se desexe. Se o alumno se  presentou en convocatorias anteriores e non superou a proba pero acadou un cinco nalgunha das partes, gárdase a nota desa parte durante dous anos, polo que non se terá que examinar delas.
Unha vez realizada a proba deberase estar pendente dos resultados no centro onde se celebrou, e se se superou, completa ou só parcialmente,  pódese solicitar a acreditación que certifica que se ten superada dita proba.

Como se solicita praza no ciclo?
Xa comentamos antes que se pode acceder a calquera Ciclo de grao Medio que se escolla. Coa acreditación (que se facilitará no centro onde se realizou a proba) deberase solicitar praza e matricularse nos Ciclos nos mesmos prazos que para o resto.
Como se dixo máis arriba existirá unha porcentaxe de reserva de prazas por cada centro e ciclo para as persoas que accedan pola cota de proba de acceso. A adxudicación de praza estará condicionada pola cualificación obtida na proba.

PARA MÁIS INFORMACIÓN:

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...