3. Materias de 2º curso que esixen continuidade das de 1º curso:
4. Principais características do Bacharelato LOMCE:ACCESO:
- Estar en posesión do título de ESO.
- Estar en posesión do título de Técnico Medio (Ciclo de FP de grao medio) ou título de Técnico Superior (Ciclo de FP de grao superior).
- O título de Técnico de Artes Plásticas e Deseño e o título Técnico Deportivo permitirá o acceso a calquera das modalidades de Bacharelato.
PERMANENCIA:
Catro anos.
ORGANIZACIÓN:
As ensinanzas organízanse en materias troncais, específicas e de libre configuración. Estrutúrase en 3 modalidades
a) Ciencias.
b) Humanidades e Ciencias Sociais (itinerario Humanidades e itinerario Ciencias Sociais)
c) Artes.
Catro anos.
ORGANIZACIÓN:
As ensinanzas organízanse en materias troncais, específicas e de libre configuración. Estrutúrase en 3 modalidades
a) Ciencias.
b) Humanidades e Ciencias Sociais (itinerario Humanidades e itinerario Ciencias Sociais)
c) Artes.
ACCESO Á UNIVERSIDADE:
- Ao finalizar Bacharelato, en caso de querer acceder a un grao universitario, haberá que superar unha proba de acceso, denominada ABAU (Avaliación de Bacharelato de Acceso á Universidade).
- Máis información sobre a ABAU no seguinte enlace.
PROMOCIÓN E REPETICIÓN:
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE:
- Para promocionar de 1º a 2º hai que superar as materias cursadas ou ter avaliación negativa en dúas materias, como máximo. En todo caso, deberán matricularse en segundo curso das materias pendentes de primeiro.
- Para a promoción só se computarán as materias que como mínimo o alumno ou a alumna deben cursar en cada un dos bloques. No bloque de materias de libre configuración autonómica só se computará Lingua Galega e Literatura, con independencia de que os alumnos e as alumnas poidan cursar máis materias do devandito bloque
- Os alumnos e alumnas poderán repetir cada un dos cursos de Bacharelato unha soa vez como máximo, se ben excepcionalmente poderán repetir un dos cursos una segunda vez, previo informe favorable do equipo docente.
- A consellería establecerá as condicións nas que un alumno ou alumna que cursase o primeiro curso de bacharelato nunha determinada modalidade poida pasar ao segundo nunha modalidade distinta. Máis información no seguinte enlace.
- Os alumnos e as alumnas que ao termo do segundo curso tivesen avaliación negativa nalgunhas materias poderán matricularse delas sen necesidade de cursar de novo as materias superadas ou optar por repetir o curso completo.
- Máis información no seguinte enlace.
TITULACIÓN:
- O Título de Bacharel facultará para acceder ás distintos ensinanzas que constitúen a educación superior.
- Para obter o título de Bacharel será necesaria unha avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos de Bacharelato, así como unha cualificación final de Bacharelato igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
ANULACIÓN DE MATRÍCULA:
- O alumnado poderá solicitar a anulación de matrícula á dirección do centro docente, antes do 30 de abril, cando circunstancias de doenza prolongada, incorporación a un posto de traballo ou obrigas de tipo familiar ou persoal impidan seguir, en situación normal, os estudos.
- A solicitude, á que cumprirá achegar as xustificacións pertinentes, será resolta nun prazo de 10 días pola dirección do centro. No caso dos centros privados, a competencia da devandita anulación corresponderalle ao director ou á directora do centro público a que estea adscrito.
- Na organización dos estudos de Bacharelato prestarase especial atención aos alumnos e alumnas con necesidade específica de apoio educativo. Neste sentido, correspóndelle a Consellería establecer as condicións de accesibilidade e deseño universal e os recursos de apoio que favorezan o acceso ao currículo do alumnado con necesidades educativas especiais, e adaptar os instrumentos e no seu caso os tempos e apoios que aseguren unha correcta avaliación deste alumnado.
- A escolarización do alumnado con altas capacidades intelectuais, flexibilizarase nos termos que determine a normativa vixente.
Enlace.
Toda a información está elaborada e extraída a partir da seguinte lexislación:
Toda a información está elaborada e extraída a partir da seguinte lexislación:
- DECRETO 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Orde do 15 de xullo de 2015 pola que se establece a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta.
- RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Educación,Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento, no curso académico 2017/18, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
- ORDE do 19 de abril de 2018 pola que se regulan aspectos relativos á organización das materias do bacharelato establecido no Decreto 86/2015, do25 de xuño, para os centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Resolución do 11 de maio de 2018: Instrucións para o desenvolvemento no curso académico 2018/19 do currículo ESO e bacharelato
- Orde do 3 de agosto de 2017: Ampliación de materias de libre configuración (DOG)
- Orde do 19 de abril de 2018: Organización das materias do bacharelato (DOG)
- Orde do 19 de abril de 2018: Organización das materias do bacharelato (DOG)Orde do 13 de xullo de 2016: Ampliación de materias de libre configuración (DOG)
- Instrucións do 30 de xullo 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en relación ás medidas educativas que se deben adoptar no curso académico 2020/2021
La Filosofía en 1º bachillerato tiene 3 horas
ResponderEliminarEfectivamente, pasó de 2 a 3 en entre el borrador y el Decreto final. Muchas gracias por el aviso. Ya está corregido.
EliminarHe corregido unos errores en los cuadros de las materias específicas en los itinerarios de bachillerato. Gracias a Manu (@arrierreka), compañero de Filosofía, que me lo ha advertido. Mil gracias Manu :-)
ResponderEliminar