Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

martes, 8 de marzo de 2016

Como é a ESO según a LOMCE (Galicia)

1. Como se organizan os itinerarios na ESO coa LOMCE: 


2. Como se denominan cada unha das materias da ESO:
En ESO terás que estudar varios tipos de materias: troncias (xerais e de opción), específicas e de libre configuración. 

DENOMINACIÓN DAS MATERIAS DE ESO
MATERIAS TRONCAIS XERAIS
-          Bioloxía e Xeoloxía
-          Física e Química
-          Xeografía e Historia
-          Lingua Castelá e Literatura
-          Matemáticas
-          Primeira Lingua Estranxeira
MATERIAS TRONCAIS DE OPCIÓN





                                     
-          Matemáticas académicas
-          Matemáticas aplicadas
-          Bioloxía e Xeoloxía (en 4º)
-          Economía
-          Física e Química  (en 4º)
-          Latín
-          Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional
-          Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial
-          Tecnoloxía (en 4º)
MATERIAS ESPECÍFICAS
-          Educación Física
-          Educación Plástica, Visual e Audiovisual
-          Segunda Lingua Estranxeira
-          Música
-          Tecnoloxía (en 2º e 3º)
-          Relixión
-          Valores Éticos
-          Artes Escénicas e Danza
-          Cultura Científica
-          Cultura Clásica
-          Filosofía
-         Tecnoloxías da Información e a Comunicación
MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN
LC Autonómica
-          Lingua Galega e Literatura
-          Educación Financeira
-          Investigación e tratamento da información.
-          Oratoria
-          Paisaxe e sustentabilidade.
-       Programación
-          Promoción de estilos de vida saudable.
-          Xadrez.
LC
do centro
-          Horario destinado a reforzo e/ou afondamento dalgunha materia, ou materia propia do centro.


3. Cales son as principais características da ESO coa LOMCE:

ORGANIZACIÓN XERAL:
A etapa de ESO comprende dous ciclos:
              1º Ciclo: 1º, 2º e 3º curso.              
              2º Ciclo: 4º curso con carácter propedéutico
Haberá tres tipos de materias: troncais, específicas e de libre configuración autonómica.
Poderase escoller cursar o 4º curso da ESO por unha das dúas seguintes opcións:
            a) Opción de ensinanzas académicas para a iniciación ao Bacharelato.             
            b) Opción de ensinanzas aplicadas para a iniciación á Formación Profesional.
Non serán vinculantes as opcións cursadas en 3º de ESO.

PROMOCIÓN E REPETICIÓN NA ESO:

  • Os alumnos promocionarán de curso cando superen todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en 2 materias como máximo.
  • Repetirase curso con avaliación negativa en 3 ou máis materias, ou en 2 materias que sexan Lingua Galega e Literatura ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas de forma simultánea. 
  • De forma excepcional, poderá autorizarse a promoción de un alumno con avaliación negativa en 3 materias cando se dean conxuntamente as seguintes condicións:
a) Que dúas das materias con avaliación negativa non sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura ou Lingua Castelá e Literatura, e Matemáticas,

b) Que o equipo docente considere que a natureza das materias con avaliación negativa non impide ao alumno ou alumna seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución académica,

c) Que se apliquen ao alumno as medidas de atención educativa propostas no consello orientador.

  • Poderá tamén autorizarse de forma excepcional a promoción dun alumno con avaliación negativa en 2 materias que sexan Lingua Galega e Literatura ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas de forma simultánea cando o equipo docente considere que o alumno ou alumna pode seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución académica, e sempre que se apliquen ao alumno ou alumna as medidas de atención educativa propostas no consello orientador.
  • Para os efectos deste apartado, só se computarán as materias que como mínimo o alumno debe cursar en cada un dos bloques. 
  • No bloque de materias de libre configuración autonómica só se computará Lingua Galega e Literatura, con independencia de que os alumnos poidan cursar máis materias do devandito bloque. 
  • As materias coa mesma denominación en diferentes cursos da ESO consideraranse como materias distintas. 
  • Quen promocione sen superar todas as materias deberán matricularse das materias non superadas, seguirán os programas de reforzo que estableza o equipo docente e deberán superar as avaliacións correspondentes aos devanditos programas de reforzo. 
  • Quen non promocione deberá permanecer un ano máis no mesmo curso. 
  • Poderase repetir o mesmo curso unha soa vez e dúas veces como máximo dentro da etapa. Cando esta segunda repetición deba producirse en 3º ou 4º, prolongarase un ano o límite de idade (ata os 19 anos).
  • Excepcionalmente, un alumno ou alumna poderá repetir unha segunda vez en 4º curso se non repetiu nos cursos anteriores da etapa.

CONSELLO ORIENTADOR:

  • Ao final de cada un dos cursos de ESO entregarase aos pais, nais ou titores legais de cada alumno un consello orientador, que incluirá unha proposta do itinerario máis adecuado a seguir, así como a identificación, mediante informe motivado, do grao do logro dos obxectivos da etapa e de adquisición das competencias correspondentes que xustifica a proposta. 
  • Se se considerase necesario, o consello orientador poderá incluír unha recomendación sobre a incorporación a un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento ou a un ciclo de Formación Profesional Básica. 
  • O consello orientador incluirase no expediente do alumno/a.

OBTENCIÓN DO TÍTULO DE ESO:

  • Para obter o título de Graduado en ESO requerirase ter avaliación positiva en todas as materias,ou negativa nun máximo de dúas materias, sempre que non sexan simultáneamente Lingua Galega e Literatura + Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura + Matemáticas. As materias coa mesma denominación nos diferentes cursos considéranse diferentes materias. Para a titulación o equipo docente deberá considerar que o alumno/a ten acadados o obxectivos da etapa e adquiridas as competencias correspondentes. 
  • A nota media da etapa será a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas na etapa. 
  • En caso de que se obteña o título de Graduado en ESO pola superación da proba para persoas maiores de 18 anos, a cualificación final da ESO será a obtida na devandita proba.
  • O título de Graduado en ESO permitirá acceder ás distintas ensinanzas postobrigatorias.
  • Os alumnos que cursen a ESO e non obteñan o título ao que se refire este artigo recibirán unha certificación con carácter oficial e validez en toda España. 
  • Máis información no seguinte enlace

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE:

  • Adaptacións do currículo
  • Integración de materias en ámbitos
  • Agrupamentos flexibles
  • Apoio en grupos ordinarios
  • Desdobramentos de grupos
  • Oferta de materias específicas
  • Programas de mellora da aprendizaxe e o rendemento
  • Outros programas de tratamento personalizado para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
Os centros terán autonomía para organizar os grupos e as materias de maneira flexible e para adoptar as medidas de atención á diversidade máis adecuadas ás características do seu alumnado e que permitan o mellor aproveitamento dos recursos de que dispoña.

A escolarización do alumnado con necesidades educativas especiais en centros ordinarios poderá prolongarse un ano máis.


Toda a información está elaborada e extraída a partir da seguinte lexislación:

9 comentarios:

  1. "Os alumnos poderán realizar a avaliación por calquera das dúas opcións de ensinos académicos ou de ensinos aplicados, con independencia da opción cursada en 4º de ESO, ou por ambas opcións na mesma convocatoria. No caso de que realicen a avaliación por unha opción non cursada, avaliaráselles das materias requiridas para superar a avaliación final pola devandita opción que non tivesen superadas, elixidas polo propio alumno dentro do bloque de materias troncais"

    Entendo que, neste último suposto, tamén se lles avalía das dúas materias de opción non cursadas no seu itinerario. Non é así?

    ResponderEliminar
  2. Por exemplo, no caso de que un alumno de académicas realice a avaliación pola opción de aplicadas, avaliaráselle de matemáticas aplicadas e tamén das dúas troncais de opción que houbese elixido (por exemplo tecnoloxía e IAEE)? É dicir, de tres materias máis?

    ResponderEliminar
  3. O tería que examinarse das matemáticas aplicadas e dunha troncal de opción máis?

    ResponderEliminar
  4. Ou só se ten que examinar das matemáticas aplicadas?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Manuel, xa te comprendo. Un alumno de itinerario de académicas se quere as dúas reválidas ten que examinarse das matemáticas aplicadas (material troncal xeral) e as dúas troncais de opción que elixan, pode escoller etre IAEE, Tecnoloxía e Ciencias Aplicadas. Ata aquí che podo dicir porque é o que interpreto da lei e así lle informei aos meus alumnos. ¿Ti interpretas algo diferente?
      Un saúdo.

      Eliminar
  5. Teño unha dúlbida referente a quen debe impartir dicencia ao alumnado exento en segunda lingua estranxeira e onde está regulado isto. Moitas grazas pola atención.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois penso que non está regulado pero enténdese que profesorado de linguas e matemáticas. Eu teño de referencia esta orde: Orde do 6 de setembro de 2007 pola que se desenvolve a implantación da educación secundaria
      obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 12 de setembro de 2007)

      Eliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...