Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

viernes, 2 de septiembre de 2016

Os meus profes recoméndanme cursar un PMAR (información para pais e alumado)

Resultado de imagen de esfuerzo

Comparto  un documento informativo para alumnado e pais sobre os Programas de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento (PMAR)  que veñen a substituír os antigos Programas de Diversificación Curricular (PDC).  
QUE SON OS PMAR?
Os PMAR son unha forma excepcional e distinta de cursar 2º e 3º de ESO. Supón un cambio na metodoloxía de ensino a favor daqueles alumnos e alumnas, que por causas diversas, atópanse con dificultades para ir superando a ESO.
Para elo organízase un grupo entre 5 e 10 alumnos/as aos cales se lle ofrecen axudas especiais para que poida superar esas dificultades e así poder superar todas as materias.
CAL É O OBXECTIVO DESTES PROGRAMAS?
Teñen por finalidade facilitar que os alumnos/as alcancen as competencias do primeiro ciclo da educación secundaria obrigatoria, poidan cursar o cuarto curso pola vía ordinaria e obteñan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
A QUEN ESTÁN DIRIXIDOS ESTOS PROGRAMAS?
A aqueles alumnos que atopan algunhas dificultades para ir superando os cursos. Pero hai que cumprir unha serie de requisitos, que son os seguintes:
  • Preferentemente presentar dificultades relevantes de aprendizaxe non imputables a falta de estudo ou esforzo. 
  • Ter repetido cando menos un curso en calquera etapa (Infantil, Primaria ou Secundaria).
  • Ter cursado 1º curso de ESO non estar en condicións de promocionar ao 2º curso (neste caso o alumno incorporarase a un programa de 2 anos, para cursar 2º e 3º de PMAR).
  • Ter cursado 2º curso de ESO e  non estar en condicións de promocionar ao 3º curso (neste caso o alumno incorporarase a un programa dun ano para cursar 3º de PMAR).
  • Aqueles alumnos que, cursando 3º ESO, non estean en condicións de promocionar ao 4º curso, poderán incorporarse excepcionalmente a un Programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento de un ano para repetir 3º curso.

Hai que presentar dificultades relevantes que poden ser debidas a moitos factores, como  atraso escolar, falta de base, ritmo de aprendizaxe, mala organización do estudo, falta de adaptación, ..., pero nunca causadas pola falta de estudo ou esforzo personal. Así que é necesario que o alumno/a mostre na clase motivación, responsabilidade, esforzo personal, unha actitude positiva para seguir aprendendo e desexos de acadar o Graduado en Educación Secundaria.
PODE UN ALUMNO/A DECIDIR ENTRAR NUN PMAR?
A proposta de alumnos/as é realizada polo equipo de profesores que lle dan clase, co asesoramento do departamento de orientación, en base aos requisitos que mencionamos antes.
O que si debe facer, o alumno/a elexido, no caso de aceptar entrar no programa, é comprometerse a cumprir todas as obrigas e a esforzarse ao máximo para acadar os obxectivos. Por suposto tamén pode rexeitar a medida. 
Os pais deben ser debidamente informados e autorizar que o alumno/a curse este programa.
Como podedes ver, ésta é unha medida que se lle ofrece a certos alumnos/as, pero eles teñen a última palabra para decidir se queren entrar ou non.
SE ENTRO NO PROGRAMA QUE COMPROMISOS TEÑO?
Unha vez que entres no programa debes ser consciente de que tes a oportunidade de superar o curso con axuda individualizada. É unha oportunidade que non debes desperdiciar.
O centro vai organizar moitos recursos para poder axudarche: un aula específica, tres profesores que che impartirán a maior parte das materias, un titor específico para o grupo, materiais adaptados, un horario diferente, ... .
Ademais estás ocupando unha praza moi valiosa, e que ao mellor outro alumno quedou fóra e tamén o podía necesitar. As prazas son restrinxidas e non se pode pasar de 10.
Por estes motivos, debes mostrarte moi responsable, e demostrar que te vas a esforzar ao máximo para aprobar todo. Se ti te esforzas, podes estar seguro de que todo vai ir ben.
O que se che vai esixir é o seguinte:
  • Que asistas sempre a todas as clases.
  • Que realices todas as tarefas lectivas que che propoñan.
  • Que realices un estudo continuado de todas as materias. Deberás levar as materias ao día.
  • Que sempre teñas os materiais preparados.
  • Que pidas axuda cando o necesites, cando non entendas, en caso de que te perdas nas explicacións.
  • Que sexas colaborador cos teus compañeiros/as e axudes a quen o necesite.
  • Que o teu comportamento na clase, cos profesores e cos compañeiros, sexa correcto.
COMO SE ORGANIZAN ESTES PROGRAMAS?
Como dixemos, son unha medida de atención á diversidade, que consiste en facer un cambio na metodoloxía de ensino, pero perseguindo os mesmos obxectivos da ESO, é dicir, dando os mesmos contidos pero de xeito diferente. O que si se pode dar é un nivel máis baixo en certas materias (contidos mínimos), nas que os alumnos/as teñan máis dificultades.
Os principais cambios son  os seguintes:
a)      Hai unha organización distinta das materias:
-      Algunhas materias únense nunha soa, e pasan a chamarse ámbitos.
-   Estúdase o fundamental de cada materia; o que é máis práctico e útil para continuar no curso seguinte.
b)   Nas materias fundamentais (ámbitos) o número de alumnos/as en clase debe ser de 10 como máximo. Isto fai posible:
-      Unha mellor atención individual.
-      Unha mellor adaptación ás necesidades do alumnado.
-      O uso de métodos de traballo diversos, máis prácticos e motivantes para o alumno/a.
-      Un seguimento e apoio titorial máis cercano.
c) Mentres que nalgunhas materias traballarase no grupo reducido, noutras recibirase clase cos alumos doutro grupo de ESO.
d) Os alumnos/as do PMAR teñen un titor específico para eles, e unha hora semanal de titoría.

CANTO DURAN ESTES PROGRAMAS?
Poden ser de dous anos ou de un. No de dous anos cursarase 2º e 3º de ESO, e no de un ano só 3º de ESO.
Para pertencer ao programa de 1 ou 2 anos dependerá da situación académica na que se atope o alumno/a:
-     Programa de 2 anos (2º e 3º de ESO): Para os alumnos que proceden de 1º de ESO.
-   Programa de 1 ano (3º de ESO): Para os alumnos que proceden de 2º de ESO, ou están facendo 3º por primeira vez.
QUE MATERIAS SE CURSAN?
O horario semanal dos tres ámbitos de coñecemento que compoñen o programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento será dun total de 20 horas semanais de clase + 1h de titoría.
Cada ámbito será impartido por un único profesor.
Terás tamén unha hora semanal de titoría, no grupo de PMAR, para o cal haberá un titor/a exclusivo que será o encargado da orientación do alumnado, da súa atención personalizada e da coordinación coas familias.
Os alumnos e as alumnas que sigan un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento terán un grupo ordinario de referencia co que cursarán as materias non pertencentes aos ámbitos.
                                               2º de ESO
GRUPO ESPECÍFICO
Ámbito lingüístico e social
Lingua Galega e Literatura.
Lingua Castelá e Literatura.
Xeografía e Historia
9 horas
Ámbito Científico e matemático
Matemáticas
Física e Química.
8 horas
Ámbito de Lingua Estranxeira
Inglés ..., será a túa primeira lingua estranxeira.
3 horas
Titoría
1 hora
GRUPO ORDINARIO
Tecnoloxía.
Educación Física.
Relixión ou Valores éticos
Música
2ª Lingua estranxeira ou exención. 
Unha materia de Libre Configuración de 2º, a escoller das que che oferte o centro. 

3º de ESO
GRUPO ESPECÍFICO
Ámbito lingüístico e social
Lingua Galega e Literatura.
Lingua Castelá e Literatura.
Ciencias Sociais , Xeografía e Historia.
9 horas
Ámbito Científico e matemático
Matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas.
Física e química.
Bioloxía e xeoloxía.
8 horas
Ámbito de Lingua Estranxeira
Inglés ..., será a túa primeira lingua estranxeira.
3 horas
Titoría
1 hora
GRUPO ORDINARIO
Tecnoloxía.
Educación Física.
Relixión ou Valores éticos
Música
Educación Plástica, Visual e audiovisual
2ª Lingua estranxeira ou Cultura Clásica.

CALES SON OS CRITERIOS PARA PROMOCIONAR?
Para promocionar hai que aprobar todas as materias do programa, así como as materias pendentes de cursos anteriores.
Para a promoción téñense en conta os mesmos criterios xerais da ESO. Podes promocionar con unha ou dúas materias suspensas, excepcionalmente tres, e que non sexan simultáneamente matemáticas e linguas. Por iso non poderás promocionar se suspendes algún dos ámbitos de tres materias.
Se ao rematar o programa non estás en condicións de promocionar poderás repetir curso, tendo en conta os criterios de ESO, de que non se pode repetir máis de dúas veces na etapa.
Se accedes a un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento con materias pendentes de cursos anteriores terás que realizar as actividades de reforzo e de apoio que lle permitan recuperalas ao longo do desenvolvemento do programa, e a avaliación será competencia do profesorado que o imparta, coa colaboración dos departamentos implicados.
QUE OPCIÓNS TEÑO AO REMATAR O PROGRAMA?
Se conseguiche superar o programa, ao rematar 3º de PMAR terás as mesmas opcións que se cursas 3º ESO pola vía ordinaria:
-      Incorporarte a 4º de ESO pola opción de ensinanzas académicas de acceso á bacharelato.
-     Incorporarte a 4º de ESO pola opción de ensinanzas aplicadas de acceso a ciclos de FP de grao medio.
A pesares de ter aberta calquera das dúas opcións será máis doado cursar o camiño de ensinanzas aplicadas. Lembra que ao traballar os contidos con menos profundidade estarías menos preparado para cursar un bacharelato. Ao rematar darémosche un consello orientador para axudarche a tomar unha decisión.

PERO ESTA VÍA É MÁIS FÁCIL OU DIFÍCIL QUE A VÍA ORDINARIA?
Isto decídelo ti, pero antes analiza as vantaxes e inconvenientes de cursar un PMAR:
VANTAXES

-  Pode resultar máis doado porque hai menos materias ao estar integradas en ámbitos.
-   Pode resultar máis doado porque se estuda só o fundamental de cada materia.
-   Pode resultar máis doado porque é un grupo reducido de alumnos e hai máis oportunidades de resolver as dúbidas e ter atención personalizada do profesor/a.
- Hai menos profesores e poden chegar a coñecer e comprender mellor as necesidades de cada alumno/a.
- Ao ser poucos alumnos o titor pode ocuparse mellor de que todos os profesores do grupo teñan en conta as necesidades de cada alumno/a.
- As clases poden ser máis motivantes porque se realizan actividades máis diversas e o traballo e esforzo diario terase moito en conta, non só o esforzo final dos exames.

INCONVENIENTES

-     Hai máis traballo diario e estás máis “controlado” polos profesores. Aquí non pasarás desapercibido, todos os días tes que demostrar que te esforzas.
-     Para cursar este programa tes que separarte dos teus compañeiros de sempre e ao principio podes sentirte pouco integrado.
-   Debes esforzarte ao máximo, levar a cabo un estudo diario e facer sempre todas as tarefas. Non chega con estudar ao final para os exames.
-    Non é seguro que poidas aprobar (terás que aprobar todas as materias igual que na vía ordinaria).
-  Podes estar menos preparado para estudar o bacharelato, pero se non che interesa esta opción, non debes consideralo un inconveniente. 
- Terás que estudar 4º de ESO pola vía ordinaria o cal vai supoñer un sobreesforzo. 


COMO CONCLUSIÓN DEBES SABER QUE:
  • Se cursas 2º por esta vía debes seguir tamén este camiño para cursar 3º.
  • Debes comprometerte ao 100% en responsabilidade e esforzo.
  • Deberás traballar a fondo para superar todas as materias e as dificultades. 
  • Os alumnos/as que entran nestes programas teñen capacidade suficiente para acadar o título e continuar estudos, non son menos que os demais, só precisan unha atención individual por parte do profesorado, unha metodoloxía diferente e unhas actividades de ensino máis prácticas.
SE DESEXAS CONSULTAR A LEXISLACIÓN AQUÍ TES OS ENLACES:
  • RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións no curso académico 2015/16 para a implantación do currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia: ENLACE.
  • RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a implantación, no curso académico 2016/17, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia: ENLACE. 
  • RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a implantación, no curso académico 2017/18, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia: ENLACE. 
  • RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento, no curso académico 2018/19, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. ENLACE.
 Resultado de imagen de éxito académico

2 comentarios:

  1. Muchas gracias por el aporte.
    Soy padre de un niño que está estudiando actualmente 1º ESO en A Coruña.
    Estoy interesado en saber si todos los colegios de esta ciudad tienen que tener la posibilidad del PMAR. En caso de que sea negativo, me gustaría saber que colegios lo utilizan a día de hoy,tanto colegios públicos o concertados.

    Esperando una respuesta.

    Un saludo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola Antonio. Todos los centros (públicos o privados) pueden ofertarlo pero si no tienen un numero suficiente de alumnos (mínimo 5) no lo pueden impartir. En mi centro lo tenemos. Te recomiendo que llames por teléfono a los centros que te interesan y lo preguntes directamente. No está publicado en ningún sitio los centros que tienen PMAR. Si crees que tu hijo necesita el PMAR habla con el orientador de tu centro actual para que prepare la propuesta y, si va a cambiar de centro, asegúrate de que lo ofertan, haz la solicitud de plaza antes del 20 de marzo y comunica también a la dirección del centro nuevo de que ocuparía una plaza en PMAR. También puedes hacer tu consulta en Inspeccion educativa.

      Eliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...