Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

viernes, 23 de junio de 2017

Admisión en FP Dual en Galicia 2017


Resultado de imagen de fp dual





Estes proxectos combinan os procesos de ensino e aprendizaxe na empresa e no centro de formación.



REQUISITOS:
  • Ter entre 18 e 29 anos ou feitos no ano natural en que comece o ciclo formativo.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos ou para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente.
  • Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

NÚMERO MÁXIMO DE PRAZAS: 
O establecido nos convenios subscritos entre a Consellería e a entidade colaboradora correspondente: www.edu.xunta.es/fp/convenios-dual


LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
  • Cada persoa solicitante presentará 1 única solicitude, que se entregará nun dos centros que teñan oferta de formación profesional dual autorizada.
  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 22 de xuño até as 13.00h do día 30 de xuño de 2017.

DOCUMENTACIÓN:
  • Solicitude de admisión.
  • Copia DNI ou NIE, no caso de non dar consentimento para a comprobación dos datos.
  • Certificación académica relativa aos requisitos de acceso, no caso de non ter realizado os estudos ou as probas de acceso no ámbito de Galicia, ao abeiro da L.O.E.
  • Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo: https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN: realizarase en 2 fases,

1ª) Fase de recollida de documentación e verificación dos requisitos, que se realizará polo centro educativo. Publicará relación persoas solicitantes e procederá ao envío da listaxe á entidade colaboradora.

2ª) Fase de selección das persoas admitidas, que será realizada pola entidade colaboradora. O período de selección das persoas por parte da empresa rematará o día 12 de xullo.

Finalizado o período de selección, no seguinte día hábil, o centro educativo publicará a listaxe de persoas admitidas, a listaxe de persoas en espera ordenadas por orde de prioridade e a listaxe de persoas non seleccionadas.


MATRÍCULA: 
A partir do seguinte día hábil desde a publicación das listaxes e até o 21 de xullo, na secretaría do centro correspondente.

ENLACES: 
Publicación da convocatoria: DOG 21-06-2017.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...