Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

viernes, 26 de abril de 2024

Calendario escolar Galicia 2024-2025

 A Orde do 12 de abril do 2024 pola que se aproba o calendario escolar en Galicia para o curso 2024/2025 nos centros sostidos con fondos públicos, establece o seguinte calendario escolar:



COMEZO E REMATE DO CURSO:
  • Educación Infantil (2º ciclo), Educación Especial e Educación Primaria: Do 11 de setembro ao 20 de xuño, ambos incluídos.
  • Educación Secundaria, 1º Bacharelato, Formación Profesional: Do 11 de setembro ao 20 de xuño, ambos incluídos. 
  • No 2º curso de bacharelato as clases rematarán de acordo coas datas previstas para a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).
  • Ensinanzas de Réxime Especial: Do 11 de setembro ó  20 de xuño, de acordo cos calendarios de probas de acceso e certificación. Poderá flexibilizarse o inicio das actividades lectivas tendo en conta as características e particularidades deste tipo de ensinanzas.

COMEDORES ESCOLARES
Os comedores escolares funcionarán desde o día 11 de setembro ata o 20 de xuño, incluídos.

PERÍODOS DE VACACIÓNS:
  • Nadal: desde o venres 23 de decembro ata o venres 7 de xaneiro, inclusive.
  • Entroido: días 3, 4 e 5 de  marzo (Luns, martes e mércores)
  • Semana Santa: desde o luns 14 de marzo ó luns 21 de abril, inclusive.

DÍAS NON LECTIVOS:

  • Día do Ensino: Xoves 31 de outubro de 2024.
  • Festivos locais, da Comunidade ou de ámbito estatal: Según calendario laboral Galicia 2024.
  • Un día ou dous días non lectivos propios do centro no caso de que os festivos locais non coincidan con días de clase. 


PERÍODO DE ADAPTACIÓN DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL:

O período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora a 4º curso de Educación Infantil non se prolongará máis alá do día 17 de setembro de 2024.


ENVÍO DE PROGRAMACIÓNS E MEMORIAS:
  • PROGRAMACIÓN: Con carácter xeral, a dirección do centro remitirá as programacións didácticas á Inspección educativa antes do inicio das actividades lectivas.
  • MEMORIA: As direccións dos centros educativos enviarán ao Servizo Territorial de Inspección Educativa correspondente, antes do 10 de xullo de 2025, a memoria anual do centro.

AVALIACIÓNS :

  • DATA LÍMITE AVALIACIÓN INICIAL: 18 outubro
  • SESIÓNS AVALIACIÓN: Os centros docentes, facendo uso da súa autonomía, concretarán as datas das sesións de avaliación parciais procurando unha repartición equilibrada na duración dos períodos de cada avaliación e tendo en conta que a derradeira destas sesións debe coincidir coa data da avaliación final na educación infantil, na educación primaria, na ESO e coa data da avaliación final ordinaria do bacharelato e do primeiro curso dos ciclos formativos de grao básico.
  • SESIÓNS AVALIACIÓN FINAL ORDINARIA 1º BACH E 1º CB: A partir do 9 de xuño.
  • SESIÓNS AVALIACIÓN FINAL EXTRAORDINARIA 1º BACH e 1º CB: A partir do 20 de xuño.
  • SESIÓNS DE AVALIACIÓN FINAL DO RESTO DOS GRUPOS: A partir do 20 de xuño.
  • 2º BACHARELATO: As sesións de avaliación final ordinaria e de avaliación final extraordinaria do alumnado de segundo curso de bacharelato adecuaranse ás datas previstas para a ABAU.
  • ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL: A dirección propón á xefatura territorial.

PROBAS DE AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO:

Probas de avaliación de diagnóstico A aplicación das probas da avaliación de diagnóstico correspondentes a cuarto curso de educación primaria e a segundo curso de educación secundaria obrigatoria realizarase entre o 1 e o 11 de abril de 2025.


CONMEMORACIÓNS ORIENTATIVAS:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...