Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

domingo, 4 de agosto de 2019

Convocados premios ESO ao esforzo e á superación persoal curso 2018/2019



DOTACIÓN: Un máximo de 20 premios de 750 euros cada un.

REQUISITOS: 
1. Ter rematado durante o curso 2018/19 4º de ESO no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
3. Os alumnos e alumnas que sexan candidatos/as ao premio deberán merecer un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrado ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou do contorno familiar e sociocultural, polo se fan merecedores de optar a esta modalidade de premios.
4. O perfil obxecto destes premios correspóndese co alumnado:

a) Que procede de contornos socioculturais desfavorecidos ou de contornos familiares disfuncionais que supoñan desvantaxe manifesta cara conseguir rematar os seus estudos.  
b) En proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal e a súa inserción social.

PRAZO: Do 21 de agosto ó 20 de setembro de 2019.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 
  • As solicitudes (anexo I) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Será imprescindible cubrir previamente os datos na aplicación que se atopa no enderezo https://www.edu.xunta.es/premiosedu, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado cuberto cos datos correspondentes.
  • Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos e identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
  • Os centros docentes enviarán, de cada alumno ou alumna que presente solicitude, a documentación correspondente.
PUBLICACIÓN DE SOLICITUDES:
  • A relación provisional de admitidos e excluídos farase pública, finalizado o prazo de presentación de solicitudes, no portal educativo. Na orde non se informa do prazo. 
  • Cada alumno/a estará identificado por un código alfanumérico. Este código comunicaráselles ao/á alumno/a e ao centro educativo.
  • Os/as interesados/as disporán dun prazo de 10 días para a reclamación ou emenda das carencias ou deficiencias detectadas na documentación achegada.
  • A relación de alumnado admitido e excluído e as puntuacións obtidas polos candidatos e candidatas publicaranse no portal educativo http://www.edu.xunta.gal/portal/node/28317 e na páxina de inicio da aplicación https://www.edu.xunta.es/premiosedu/

ENLACES:


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...