Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

domingo, 19 de junio de 2016

Convocadas prazas nos centros residenciais docentes para estudos postobrigatorios en Galicia 2016

Convócanse prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2016/2017.

REQUISITOS:

1. Estar matriculado/a en estudos postobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes indicados no artigo 1 desta orde no curso 2016/17 (centros públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo).

2. Non repetir curso. Excepcionalmente, por causas debidamente xustificadas, a comisión de valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento deste requisito, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e do informe da inspección educativa. 

3. Non ter sido expulsado/a no curso anterior dun centro residencial nin estar sometido/a a un procedemento disciplinario en trámite, por algunha das condutas gravemente prexudiciais para a convivencia descritas no artigo 15 da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa.

4. A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que: 

a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.

b) Tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade. 

Excepcionalmente, por circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas, a comisión de valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento deste requisito, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e dos informes que se consideren oportunos.

Existen ademais outros requisitos económicos e unha valoración académica para obter unha praza bonificada (*ver orde da convocatoria).


As persoas que estean en posesión dun título académico dun determinado nivel e modalidade educativa ou dun determinado ciclo formativo non poderán obter praza de residencia para realizar estudos do mesmo nivel ou dun nivel equivalente (agás que unha vez adxudicadas as prazas ás persoas admitidas, seguisen existindo prazas vacantes).

PRAZO ORDINARIO:
  • Para os solicitantes matriculados en BACHARELATO, entre o 10 de xuño e o 15 de xullo de 2016.
  • Para os solicitantes matriculados en CICLOS FORMATIVOS, entre o 10 de xuño e o 8 de agosto de 2015.
  • Publicación da listaxe provisional: antes do 31 de agosto de 2016.
  • Prazo para formular a reclamación: ata 5 días hábiles despois da publicación da listaxe. 
  • Publicación da listaxe definitiva e da adxudicación de praza: Antes do 15 de setembro de 2016.

PRAZO EXTRAORDINARIO:
  • Cando feita a adxudicación de prazas no período ordinario. existan no respectivo centro residencial prazas vacantes , abrirá un prazo de presentación de solicitudes do 15 ao 30 de setembro de 2016.
  • Publicación da listaxe provisional: 7 de outubro de 2016.
  • Prazo para formular reclamación: Ata o 11 de outubro de 2016.
  • Publicación da listaxe definitiva e da adxudicación de praza: antes do 17 de outubro de 2016.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES: 
Páxina web da Consellería (edu.xunta.es), taboleiros e páxina web dos respectivos CRDs. 

SOLICITUDES: 
Entréganse nos propios Centros Residenciais Docentes. 
As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro residencial docente, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es

ALUMNADO UNIVERSITARIO: 
Se adxudicadas as prazas a todos os solicitantes admitidos, houber vacantes, estas poderán ser cubertas con alumnado universitario, tendo que abonar a cantidade de 2.875,13 € en tres prazos. 

A ADXUDICACIÓN DA PRAZA PODE SER GRATUÍTA OU BONIFICADA:

Adxudicación de praza de residencia gratuíta:
1. Cando a renda da unidade familiar da persoa adxudicataria sexa igual ou inferior ao limiar 2 fixado polo Real decreto 595/2015, do 3 de xullo, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2015/16 (Boletín Oficial del Estado núm. 159, do 4 de xullo).
2. Cando se trate de alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia. 

Adxudicación de praza bonificada: cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:
a) Ata un 10 %: 538 euros 
b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 825 euros 
c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.307 euros 
d) Máis do 30 %: 1.968 euros 
O pagamento desta cantidade poderá fraccionarse ata un máximo de 3 prazos trimestrais, que deberán facerse efectivos antes do inicio do respectivo trimestre.


CRD A Coruña

Resultado de imagen de crd coruña


CRD Ourense

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...