Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

lunes, 4 de mayo de 2026

Instrucións de acceso ás Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño 2026/2027

Publicouse a Resolución do 24 de abril de 2026 coas instrucións para o acceso e admisión nas ensinanzas medias e superiores de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2026/2027 en Galicia.

Nesta Resolución pódese consultar a seguinte información, tanto para grao medio como para grao superior:
  • Requisitos de acceso a estas ensinanzas.
  • Exencións.
  • Datas e horarios das probas
  • Documentación e lugares de inscrición
  • Prazos de reclamación
  • Datas de matrícula nestas ensinanzas
  • Contidos das probas
  • Tribunais avaliadores

Imagen de Pixabay


DATAS DE INSCRICIÓN:
Do 8 de maio ata o 12 de xuño.

LUGAR DE INSCRICIÓN:

Con carácter xeral, as solicitudes de inscrición cubriranse de xeito telemático a través da aplicación informática «EAS» (https://www.edu.xunta.gal/eas), que permitirá a achega electrónica da documentación requirida.

Unha vez cargada a documentación preceptiva e completada a solicitude na aplicación informática, deberase finalizar e xerar o documento correspondente, para a súa posterior formalización polos medios establecidos nesta resolución.

As persoas solicitantes que non posúan nacionalidade española e non dispoñan de documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade estranxeiro (NIE) deberán acceder ao formulario de inscrición directamente nas secretarías os centros de inscrición.

DATA E LUGAR DA PROBA SUBSTITUTIVA DO TÍTULO DE ESO E BACHARELATO: 
23 de xuño na Escola de Artes onde se fixese a inscrición. 

DATA E LUGAR DAS PROBAS ESPECÍFICAS:
7 de xullo na Escola de Artes onde se fixese a inscrición.

PUBLICACIÓN DE CUALIFICACIÓNS:
Proba substitutiva: 29 de xuño nos taboleiros e web das Escolas de Arte. 
Proba específica: 14 de xullo nos taboleiros e web das Escolas de Arte. 

LISTADOS DE ADMITIDOS E DATA DA MATRÍCULA NAS ENSINANZAS:
Listado de admitidos: 20 e 27 de xullo.
Matrícula: do 21 ó 29 de xullo según adxudicación.

REQUISITOS ACCESO ENSINANZAS PROFESIONAIS DE GRAO MEDIO:

Hai que cumprir estes dous requisitos:
  1. Título de ESO/equivalente ou proba substitutiva (17 anos)
  2. Superar unha proba específica.
A proba substitutiva do título de ESO pódese substituír pola proba de acceso a ciclos medios e superiores, pola proba substitutiva das ensinanzas deportivas, ... ver resolución.

As persoas con discapacidade (mínimo 33%):
  • Poden solicitar adaptación das probas.
  • Resérvase un mínimo do 5% do total das prazas en cada ciclo.
Deportistas de alto redemento ou nivel: Resérvase un mínimo do 5% do total das prazas.

Pódese acceder directamente sin probas?  Sí, quen cumpra algunhas condicións (ver resolución):
  • Quen estea en posesión dun título de técnico ou técnico superior de Artes Plásticas e Deseño dunha familia profesional relacionada co ciclo formativo a que se pretende acceder ou título declarado equivalente.
  • Quen teña superados os cursos comúns de artes aplicadas e oficios artísticos de plans de estudos de anteriores leis educativas.
  • Quen teña un bacharelato de artes.
  • Quen teña un título superior de Deseño, de Conservación e Restauración, ou graos de Belas Artes, Arquitectura, Deseño Industrial.
  • Un ano de experiencia laboral relacionada co ciclo.

REQUISITOS ACCESO ENSINANZAS PROFESIONAIS DE GRAO SUPERIOR:

Hai que cumprir estes dous requisitos:
  • Título de bachelato/ Título de Técnico ou proba substitutiva.
  • Ter 19 anos ou 18 para en caso de ter un título de Técnico en artes plásticas e deseño.
  • Superar unha proba específica.
A proba substitutiva pódese substituír pola proba de acceso a ciclos superiores, pola proba substitutiva para ensinanzas superiores deportivas, ...ver resolución.

Persoas con discapacidade (mínimo 33%):
  • Poden solicitar adaptación das probas.
  • Resérvase un 5% do total das prazas en cada ciclo.
Deportistas de alto redemento ou nivel: Resérvase un 5% do total das prazas.

Pódese acceder directamente sin proba específica? Sí, quen cumpra algunhas  condicións (ver resolución):
  • Quen estea en posesión dun título de técnico ou técnico superior de Artes Plásticas e Deseño dunha familia profesional relacionada co ciclo formativo a que se pretende acceder ou título declarado equivalente.
  • Quen teña un bacharelato de artes.
  • Quen teña un título superior de Deseño, de Conservación e Restauración, ou graos de Belas Artes, Arquitectura, Enxeñaría Técnica en Deseño Industrial.
  • Un ano de experiencia laboral relacionada co ciclo.

INSTRUCIÓNS PROBAS DE ACCESO:

MÁIS INFORMACIÓN:

1 comentario:

  1. Existe la opción de presentar las pruebas especificas en español? o solo se presentan en gallego?

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...