Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

jueves, 4 de mayo de 2023

Instrucións de acceso ás Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño 2023/2024

Publicouse a Resolución do 19 de abril de 2023 coas instrucións para o acceso e admisión nas ensinanzas medias e superiores de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2023/2024 en Galicia.

Nesta Resolución pódese consultar a seguinte información, tanto para grao medio como para grao superior:
  • Requisitos de acceso a estas ensinanzas.
  • Datas e horarios das probas
  • Documentación e lugares de inscrición
  • Prazos de reclamación
  • Datas de matrícula nestas ensinanzas
  • Contidos das probas
  • Tribunais avaliadores

Imagen de Pixabay


DATAS DE INSCRICIÓN:
  • Inscrición para os que teñan que realizar a proba sustitutiva do título de ESO ou BACHARELATO: Do 03 de maio ó 12 de xuño.
  • Inscrición para os que teñen que realizar solo a proba específica: Do 03 de maio ó 22 de xuño.
LUGAR DE INSCRICIÓN:
A inscrición para o acceso e a admisión farase na secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño pública elixida en primeiro lugar, na cal se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, ou ben telematicamente mediante a ligazón habilitada á aplicación CodexPro na páxina web da escola.

DATA E LUGAR DA PROBA SUBSTITUTIVA DO TÍTULO DE ESO E BACHARELATO: 
21 de xuño na Escola de Artes onde se fixese a inscrición. 

DATA E LUGAR DAS PROBAS ESPECÍFICAS:
3 de xullo na Escola de Artes onde se fixexe a inscrición.

PUBLICACIÓN DE CUALIFICACIÓNS:
Proba substitutiva: 23 de xuño nos taboleiros e web das Escolas de Arte. 
Proba específica: 5 de xullo nos taboleiros e web das Escolas de Arte. 

LISTADOS DE ADMITIDOS E DATA DA MATRÍCULA NAS ENSINANZAS:
Listado de admitidos: 13 de xullo.
Matrícula: 14, 17 e 18 de xullo.

REQUISITOS ACCESO ENSINANZAS PROFESIONAIS DE GRAO MEDIO:

Hai que cumprir estes dous requisitos:
  1. Título de ESO ou proba substitutiva (17 anos)
  2. Superar unha proba específica.
Os que teñan pendente algunha materia da ESO poderán presentarse á proba específica de acceso, aínda que no momento de formalizar a matrícula deberán acreditar que están en posesión da titulación requirida, e poderán optar á praza solicitada.

A proba substitutiva do título de ESO pódese substituír pola proba de acceso a ciclos medios e superiores, pola proba de madureza para ensinanzas deportivas, ... ver resolución.

As persoas con discapacidade (mínimo 33%):
  • Poden solicitar adaptación das probas.
  • Resérvase un 5% do total das prazas en cada ciclo.
Deportistas de alto redemento ou nivel: Resérvase un 5% do total das prazas.

Pódese acceder directamente sin probas?  Sí, quen cumpra algunha destas condicións (ver resolución):
  • Quen estea en posesión dun título de técnico ou técnico superior de Artes Plásticas e Deseño dunha familia profesional relacionada co ciclo formativo a que se pretende acceder ou título declarado equivalente.
  • Quen teña superados os cursos comúns de artes aplicadas e oficios artísticos de plans de estudos de anteriores leis educativas.
  • Quen teña un bacharelato de artes.
  • Quen teña un título superior de Deseño, de Conservación e Restauración, ou graos de Belas Artes, Arquitectura, Deseño Industrial.
  • Un ano de experiencia laboral relacionada co ciclo.

REQUISITOS ACCESO ENSINANZAS PROFESIONAIS DE GRAO SUPERIOR:

Hai que cumprir estes dous requisitos:
  • Título de bachelato/ Título de Técnico ou proba substitutiva (con 19 anos ou 18 para en caso de ter un título de Técnico en artes plásticas e deseño).
  • Superar unha proba específica.
Os que teñan pendente algunha materia de bacharelato poderán presentarse á proba específica de acceso, aínda que no momento de formalizar a matrícula deberán acreditar que están en posesión da titulación requirida, e poderán optar á praza solicitada.

A proba substitutiva pódese substituír pola proba de acceso a ciclos superiores, pola proba de madureza para ensinanzas superiores deportivas, ...ver resolución.

Persoas con discapacidade (mínimo 33%):
  • Poden solicitar adaptación das probas.
  • Resérvase un 5% do total das prazas en cada ciclo.
Deportistas de alto redemento ou nivel: Resérvase un 5% do total das prazas.

Pódese acceder directamente sin proba específica? Sí, quen cumpra algunha destas condicións (ver resolución):
  • Quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño dunha familia profesional relacionada co ciclo formativo a que se pretende acceder ou título declarado equivalente.
  • Quen teña superados os cursos comúns de artes aplicadas e oficios artísticos de plans de estudos de anteriores leis educativas.
  • Quen teña un bacharelato de artes.
  • Quen teña un título superior de Deseño, de Conservación e Restauración, ou graos de Belas Artes, Arquitectura, Deseño Industrial.
  • Un ano de experiencia laboral relacionada co ciclo.

INSTRUCIÓNS PROBAS DE ACCESO:

MÁIS INFORMACIÓN:


1 comentario:

  1. Existe la opción de presentar las pruebas especificas en español? o solo se presentan en gallego?

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...