DOTACIÓN: Concederanse un máximo de 20 premios de 1000 euros como máximo cada un. Ademais o alumnado poderá optar ós premios nacionais de ESO.
Os REQUISITOS para optar a estes premios son:
- Ter cursado 4º de ESO no curso 2022/2023 no Réxime Ordinario en Galicia.
- Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de ESO.
- Obter unha media igual ou superior a 9´00 puntos (media de todas as materias dos catro cursos de ESO). A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de de Galicia (DOG do 29 de xuño), onde di:
"A nota media de cada etapa será a media aritmética das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias, redondeada á centésima máis próxima e, no caso de equidistancia, á superior."
O PRAZO de presentación de solicitudes será do 31 de maio ó 30 de xuño de 2023.
O PRAZO de presentación de solicitudes será do 31 de maio ó 30 de xuño de 2023.
A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
As solicitudes (anexo I) deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede. xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación «PremiosEdu».
As solicitudes (anexo I) deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede. xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación «PremiosEdu».
Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
O alumnado con Necesidades Educativas Especiais poderá solicitar adaptación da proba achegando a documentación que acredite tal condición.
PROBAS:
A realización da proba terá lugar o 6 de setembro de 2023.
No DOG publicaranse os lugares e o horario de celebración da proba, que en xeral será dentro da provincia onde se atope o expediente do alumno/a.
Os aspirantes aos premios extraordinarios ao rendemento académico deberán realizar unha proba estruturada en dúas partes que valorarán os obxectivos e as competencias básicas acadadas polo alumnado, e constará de diversas cuestións coas cales deberá mostrar o grao de consecución das competencias social e cidadá, en comunicación lingüística e matemática. Cada parte da proba desenvolverase nun tempo máximo de dúas horas.
a) A primeira parte constará de diversas cuestións referidas ás seguintes materias de 4º curso: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e primeira lingua estranxeira, agás no caso de alumnado con exención en lingua galega e literatura, que quedará exento da realización da correspondente parte da proba, sempre e cando a dita exención se acredite documentalmente.
b) Na segunda parte o alumnado dará resposta a diversas cuestións das seguintes materias de 4º curso:
- Xeografía e Historia.
- Unha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas ou Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas.
- Unha materia para escoller de entre as materias de opción do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Bioloxía e Xeoloxía, Economía, Física e Química, Latín, Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional, Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial, ou Tecnoloxía.
PROCEDEMENTO DOS CENTROS EDUCATIVOS:
O centro enviará a Certificación académica de ESO (só no caso de que o alumnado non teña todo o seu expediente de ESO recollido na base de datos da aplicación XADE), onde se reflictan as notas dos catro cursos e a cualificación final media, asinada polo/a secretario/a co visto e prace do/da director/a do centro público en que se atope o expediente académico.
INFORMACIÓN ÓS INTERESADOS/AS:
- A relación de alumnado admitido e excluído e as puntuacións obtidas polas persoas candidatas publicaranse no portal educativo https://www.edu.xunta.gal e na páxina de inicio da aplicación informática https://www.edu.xunta.gal/premiosedu
- Para dúbidas relacionadas coa convocatoria poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico: premios@edu.xunta.es
- Enlace coa web da Consellería co anuncio e información.
- Enlace coa aplicación electrónica para realizar a solicitude Premios Edu. (Estará activa cando comece o prazo de inscrición).
- Enlace coa orde do 31 de marzo que contén a información completa.
Me parece muy positivo porque es algo que ayuda a que los niños se esfuercen para conseguir esta beca y eso al final ayuda a muchos padres a sufragar los gastos de las escuelas, muy bueno el artículo Mónica
ResponderEliminar