Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

jueves, 27 de abril de 2023

Premios Extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2023 en Galicia

A Consellería de Educación publicou a Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022 - 2023.

DOTACIÓN:
Concederanse un máximo de 20 premios de 1000 euros como máximo cada un. Ademais o alumnado poderá optar ós premios nacionais de ESO. 

Os REQUISITOS para optar a estes premios son:
  • Ter cursado 4º de ESO no curso 2022/2023 no Réxime Ordinario en Galicia. 
  • Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de ESO.
  • Obter unha media igual ou superior a 9´00 puntos (media de todas as materias dos catro cursos de ESO). A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de de Galicia (DOG do 29 de xuño), onde di:
"A nota media de cada etapa será a media aritmética das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias, redondeada á centésima máis próxima e, no caso de equidistancia, á superior."

O PRAZO de presentación de solicitudes será do 31 de maio ó 30 de xuño de 2023.

A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:  

As solicitudes (anexo I) deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede. xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación «PremiosEdu».

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O alumnado con Necesidades Educativas Especiais poderá solicitar adaptación da proba achegando a documentación que acredite tal condición. 


PROBAS:

A realización da proba terá lugar o 6 de setembro de 2023. 

No DOG publicaranse os lugares e o horario de celebración da proba, que en xeral será dentro da provincia onde se atope o expediente do alumno/a. 

Os aspirantes aos premios extraordinarios ao rendemento académico deberán realizar unha proba estruturada en dúas partes que valorarán os obxectivos e as competencias básicas acadadas polo alumnado, e constará de diversas cuestións coas cales deberá mostrar o grao de consecución das competencias social e cidadá, en comunicación lingüística e matemática. Cada parte da proba desenvolverase nun tempo máximo de dúas horas.
 
a) A primeira parte constará de diversas cuestións referidas ás seguintes materias de 4º curso: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e primeira lingua estranxeira, agás no caso de alumnado con exención en lingua galega e literatura, que quedará exento da realización da correspondente parte da proba, sempre e cando a dita exención se acredite documentalmente.
 

b) Na segunda parte o alumnado dará resposta a diversas cuestións das seguintes materias de 4º curso:
  • Xeografía e Historia. 
  • Unha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas ou Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas. 
  • Unha materia para escoller de entre as materias de opción do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Bioloxía e Xeoloxía, Economía, Física e Química, Latín, Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional, Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial, ou Tecnoloxía.

PROCEDEMENTO DOS CENTROS EDUCATIVOS: 

O centro enviará a Certificación académica de ESO (só no caso de que o alumnado non teña todo o seu expediente de ESO recollido na base de datos da aplicación XADE), onde se reflictan as notas dos catro cursos e a cualificación final media, asinada polo/a secretario/a co visto e prace do/da director/a do centro público en que se atope o expediente académico.


INFORMACIÓN ÓS INTERESADOS/AS:
  • A relación de alumnado admitido e excluído e as puntuacións obtidas polas persoas candidatas publicaranse no portal educativo https://www.edu.xunta.gal e na páxina de inicio da aplicación informática https://www.edu.xunta.gal/premiosedu
  • Para dúbidas relacionadas coa convocatoria poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico: premios@edu.xunta.es
ENLACES:

1 comentario:

  1. Me parece muy positivo porque es algo que ayuda a que los niños se esfuercen para conseguir esta beca y eso al final ayuda a muchos padres a sufragar los gastos de las escuelas, muy bueno el artículo Mónica

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...