Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

martes, 26 de marzo de 2024

Premios extraordinarios de FP de Grao Superior para os que remataron no ano 2023

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convocou a Orde do 12 de marzo de 2024 pola que se convocan os Premios Extraordinarios para os titulados en Formación Profesional de Grao Superior que realizou e rematou os seus estudos no ano 2023.

EN QUE CONSISTE O PREMIO:
  • O alumnado que obteña o premio extraordinario, ademais da dotación económica (máximo 1000 euros), recibirá un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico anotará nel a distinción e farao constar nas certificacións académicas que se emitan.
  • Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de formación profesional poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional. Estes premios extraordinarios son compatibles con calquera outro premio, bolsa ou axuda.
  • Convócase un premio por familia profesional implantada en Galicia (23 premios en total).

REQUISITOS DOS PARTICIPANTES:
  • Ter cursado estudos de formación profesional de grao superior no curso 2022/23 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e telos rematados no ano 2023.
  • Ter obtido unha cualificación final media de todos os módulos igual ou superior a 8,50 (con dúas cifras decimais, redondeada á centésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior).
  • Non ter a condición de persoal docente que desenvolva ou desenvolvese a súa actividade laboral na Consellería de Cultura, Educación e Universidade nos tres anos anteriores a esta convocatoria.

FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
  • O prazo de presentación de solicitudes dun mes contado a partir do 25 de marzo. 
  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «PremiosEdu» (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación «PremiosEdu».

PARA MÁIS INFORMACIÓN CONSULTAR:

8 comentarios:

  1. Hola,

    Grazas por compartir esta informacion e dunha maneira tan clara precisa. Se é posible, gustariame saber se estes premios extraordinarios 2015 estan destinados tamen a aqueles que cursamos secretariado no curso 2012-13, dado que este FP ten unha duracion mais curta que a maioria. De feito, eu rematei as FCT en decembro de 2013 e polo que entendin estas axudas estan destinadas a aqueles que remataron os estudos no 2014, pero de todas formas, gustariame asegurarme. Mil grazas de novo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas a tí. Non poderás presentarte porque a convocatoria sinala claramente que só poden optar os alumnos que remataron en 2014. No teu caso concreto deberas de presentarte aos premios na convocatoria do ano pasado, a do 2014, na que se podían presentar os que remataran o ciclo en 2013 ( o mes non se ten en conta).
      Síntoo moito. É unha mágoa que non che chegara a información da anterior convocatoria.
      Moitas grazas por pasearte por este blogue. Un saúdo.

      Eliminar
  2. He terminando un fp de secretariado con una media de 8.6
    Empiezo las prácticas en septiembre, no solicito este premio hasta marzo del 2016?
    Te aseguran la ayuda a partir de 8.5?
    Gracias

    ResponderEliminar
  3. No, no es seguro. El 8'5 es el requisito para presentarse, sólo convocan un premio por familia profesional, y el que te lo den o no dependerá de todos los méritos de los solicitantes, así que no es para nada seguro aunque sí probable.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola! Una pregunta. Qué tipo de méritos pueden indicarse? Estoy algo perdida con este apartado. Saludos!

      Eliminar
    2. Hola, lo puedes leer en la normativa, tienes el enlace en este post.

      Eliminar
  4. Hola, me han concecido uno de los premios. Cuanto tardan en ingresarte el dinero? Como y cuando hay que recoger el diploma?
    Un saludo y gracias

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pues no lo sé, puedes llamar al 881997701 para preguntar todas tus cuestiones. Enhorabuena por el premio, es todo un mérito.

      Eliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...