Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

martes, 30 de enero de 2024

Admisión e matriculación de alumnado en centros públicos en Galicia para o curso 2024 - 2025

Inicio do procedemento de admisión e matriculación do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2024 - 2025. 



CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN:



Resultado de imagen de importante
  • Toda a información sobre proceso de admisión publícase na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Tamén poderá consultarse nos taboleiros dos centros educativos. 
  • Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, en caso de duplicidade de solicitude esta suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (o último día para a renuncia da reserva é o 29 de febreiro).
  • No caso de solicitar praza en datas posteriores ao prazo fixadorealizarase na Comisión de Escolarización ou Inspección de Educación Secundaria, no Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

INSTRUCIÓNS PARA A SOLICITUDE:

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO: 
  • O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” o formulario normalizado (ED550A).
  • O prazo de presentación estará comprendido entre os días 15 de xaneiro e o 5 de febreiro.
  • O formulario normalizado está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”.
SOLICITUDE DE PRAZA NUN CENTRO NON ADSCRITO:
  • O alumnado que solicite praza nun centro non adscrito solicitará a admisión a través da aplicación “admisionalumnado” ou de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos utilizando o formulario normalizado normalizado de solicitude (Formulario ED550B).
  • O prazo de presentación estará comprendido entre os días 1 e 20 de marzo. 
  • Na solicitude pódese relacionar ata 6 centros por orde de preferencia.
  • O formulario normalizado está dispoñible na aplicación “admisionalumnado”.
  • Todas as solicitudes que non pudiesen obter praza nos centros solicitados serán remitidas á comisión de escolarización que lles asignará praza nos centros onde teñan vacantes tendo en conta, cando sexa posible, as preferencias dos pais indicadas na solicitude e a puntuación obtida por aplicación do baremo.

CRITERIOS DE ADMISIÓN:
Ver Decreto 13/2022.


SORTEO PÚBLICO DO NÚMERO PARA RESOLVER OS EMPATES:
  • Resultado do sorteo 2024: 
  1. Para resolver o empate na puntuación final no curso 2024/2025, terase en conta o número 0´70, resultante do sorteo público, dividido entre 100 (70/100). 
  2. Este número multiplicarase polo número de solicitudes que resulten empatadas en cada centro e curso, e o resultado da multiplicación redondearase á alza.
  3. O número enteiro obtido determinará a solicitude que ocupará o primeiro lugar e, a partir desta, a orde das sucesivas solicitudes empatadas, previamente ordenadas de forma ascendente e correlativa con base no número aleatorio asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación no sistema.

INFORMACIÓN ESPECÍFICA PARA A SOLICITUDE DE PRAZA EN BACHARELATO: 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO:
  • Resérvase ata o final do prazo de matrícula un mínimo do dez e un máximo dun quince por cento de postos escolares por unidade para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
  • O número de postos escolares por unidade reservados ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo no primeiro curso de cada etapa (4º de infantil, 1º de primaria e 1º de secundaria obrigatoria) será de 3.
  • Na solicitude de admisión os pais ou representantes legais deberán manifestar expresamente que ocupan unha praza reservada para alumnado con NEAE.
  • Xunto coa solicitude deberán achegar a documentación xustificativa das circunstancias manifestadas. 
  • Os centros deberán remitir as solicitudes xunto coa avaliación psicopedagóxica inicial no prazo máximo de 10 días hábiles á xefatura territorial, para a súa valoración no Equipo de Orientación Específico. 

DETERMINACIÓN DO NÚMERO DE ALUMNOS/AS POR UNIDADE ESCOLAR:
Para estimar as vacantes en cada un dos niveis, o número de alumnos/as por unidade é o seguinte:
- 4º curso de EI: 20 por unidade. 

-  No resto dos cursos de EI e EP: 25 por unidade. 

- ESO: 30 por grupo. 
- Bacharelato: 33 por grupo. 

Según a RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do texto do Acordo entre esta consellería e as organizacións sindicais CC.OO., ANPE e UGT-SP Ensino sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo, a partir do curso 2024/2025 redúcese progresivamente a ratio nas seguintes etapas

  • No curso 2024/25 iniciarase o calendario de aplicación cunha ratio máxima de 20 alumnos/as en 4º de educación infantil. Esta ratio máxima de 20 alumnos/as por aula aplicarase de forma progresiva nas etapas de educación infantil e educación primaria nos sucesivos cursos.
  • As ratios máximas na ESO e no bacharelato serán de 25 e 30 alumnos/as por aula, respectivamente. A negociación do calendario de aplicación nestas etapas iniciarase coincidindo co remate da aplicación das novas ratios na etapa de educación infantil.
  • Cada alumno ou alumna cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 %, cun grao I de dependencia acreditada ou cun trastorno grave da conduta acreditada computará, para os efectos desta ratio, como dous.
  • Cada alumno ou alumna cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 65 % ou cun grao II ou III de dependencia acreditada computará, para os efectos desta ratio, como tres.
  • Computará, para os efectos de ratios, o alumnado repetidor.
  • Nas aulas que escolaricen alumnado de diferentes niveis, ciclos e/ou etapas educativas serán de aplicación as ratios recollidas no Acordo de agrupamentos do alumnado, do 10 de xullo de 2009.

DOCUMENTACIÓN E ANEXOS COS FORMULARIOS:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...