Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

domingo, 6 de mayo de 2018

Instrucións de acceso ós estudos superiores de Deseño 2018


Publicáronse as normas de acceso e admisión nos Estudos Superiores de Deseño de Moda, Produtos, Interiores e Gráfico nas escolas de Artes de Galicia para o curso 2018-2019.

Resultado de imagen de diseño grafico


REQUISITOS DE ACCESO: 
Cumprir un dos seguintes requisitos académicos:

  • Título de Bacharelato ou equivalente. Aquelas persoas que teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato, no prazo extraordinario de matrícula, se houber vacantes.
  • Título de licenciado ou graduado universitario.
  • Ter un título de Ciclo Superior de Artes Plásticas e Deseño, para os cales se reserva un 20% das prazas. 
  • Ter superada a Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • En caso de non cumprir requisitos académicos e ter 18 anos superar unha proba de accesoENLACE.

Superar unha proba específica de aptitudes:

  • Esta proba específica é obrigatoria para todos os que soliciten admisión e cumpran os requisitos académicos. 
  • Terán acceso directo, sin ter que realizar esta proba de aptitudes os que teñan un título de Técnico superior en artes plásticas e deseño, para os cales se reserva un 20% das prazas. 
  • De conformidade co establecido no artigo 4.1 e 4.2 da Orde do 21 de novembro de 2016, a proba específica de acceso aos estudos superiores de Deseño terá por obxecto demostrar que o aspirante posúe a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos, será única para as diferentes especialidades destes estudos superiores, e terá carácter unificado para todos os aspirantes.
  • A superación da proba sólo faculta ó aspirante para participar no proceso de admisión.

INSCRICIÓN NAS ENSINANZAS E NA PROBA ESPECÍFICA:
  • A inscrición farase na Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño de Galicia elixida en primeira ou única opción, ou na escola pública á que estea adscrito o centro privado autorizado, no prazo comprendido entre o de maio e o 25 de xuño de 2018.
  • Os aspirantes con algunha discapacidade poderán solicitar unha adaptación da proba. 
  • Resérvanse prazas para deportistas de alto rendemento e/ou nivel. 

PROBA ESPECÍFICA:
Celebrarase o 3 de xullo de 2018 na ESAD Pablo Picasso de A Coruña.
A proba está regulada no artigo 5 da Orde do 21 de novembro de 2016. 
Ver horarios na Resolución do 24 de abril. 

1ª Parte da proba: Durante un máximo de dúas horas, a partir dun texto, imaxe e/ou material audiovisual proporcionado polo tribunal, os/as aspirantes deberán facer por escrito un comentario crítico e razoado e responder á/s cuestión/s que o tribunal lles formule ao respecto.Nesta parte da proba, o tribunal valorará:
  • A comprensión dos conceptos, a utilización da linguaxe, a capacidade de análise e síntese e o nivel expresivo e expositivo amosados.
  • A capacidade para desenvolver razoadamente ideas e argumentos.
  • O coñecemento dos valores significativos do deseño en xeral no contexto histórico, cultural e socioeconómico.
  • A identificación e valoración dos movementos artísticos e intelectuais máis representativos en relación co deseño.
2ª Parte: Durante un máximo de catro horas, os aspirantes realizarán dous exercicios de debuxo: 
  • 1º exercicio: debuxo mimético a man alzada, do natural ou a partir da documentación facilitada, dun modelo relacionado coa especialidade que se aspira a cursar, proposto polo tribunal, realizado a lapis de grafito sobre papel tamaño DIN A4. 2. 
  • 2º exercicio: debuxo a man alzada, utilizando os sistemas e técnicas de representación máis apropiadas aos estudos que se aspira a cursar, que serán definidos polo tribunal, do modelo do exercicio anterior

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...