A Consellería de Educación publica as instrucións para o acceso a Arte Dramática en 2022/2023 na Resolución do 7 de abril
REQUISITOS DE ACCESO:
1º Cumprir un dos seguintes requisitos académicos:
1º Cumprir un dos seguintes requisitos académicos:
- Título de Bacharelato ou equivalente. No caso de ter materias pendentes de bacharelato poderanse inscribir no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba, e no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.
- Título de licenciado ou graduado universitario
- Ter superada a Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- Para os que non cumpren os requisitos académicos e teñen 18 anos ter superada unha proba de acceso. (Proba substitutiva dos requisitos de titulación)
- Superar unha proba específica, obrigatoria para todos os que soliciten admisión e cumpran os requisitos académicos ou superen a proba substitutiva.
- De conformidade co establecido no artigo 4.1 da Orde do 21 de novembro de 2016, a proba específica de acceso aos estudos superiores de Arte Dramática terá por obxecto demostrar que o aspirante posúe a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos, e axustarase ao disposto no artigo 5 da citada orde, segundo a especialidade para a que se opte.
INSCRICIÓN NO PROCESO:
- Prazo comprendido entre o 22 de abril e o 23 de maio de 2022.
- Os aspirantes con discapacidade poderán solicitar adaptación das probas. Resérvase un 10% das prazas en caso de discapacidade de 33% ou superior.
- Resérvanse prazas para deportistas de alto rendemento e/ou nivel.
- Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na Secretaría da Escola superior de Arte Dramática de Galicia.
PROBA PARA QUEN NON CUMPRA OS REQUISITOS ACADÉMICOS (PROBA SUBSTITUTIVA DOS REQUISITOS DE TITULACIÓN):
- Celébrase o día 31 de maio no IES San Clemente, de Santiago de Compostela.
- Ver horarios e características da proba na Resolución do 7 de abril (Anexo I)
- Publicación das cualificacións definitivas: o día 10 de xuño, no taboleiro de anuncios de cada centro e do portal http://www.edu.xunta.gal
- Validez da proba: Permanente en todo o territorio nacional.
PROBA ESPECÍFICA:
- Data e lugar de celebración: Comezarán o 4 de xullo na sede da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (Vigo), de acordo co calendario establecido polos tribunais de cada especialidade.
- Ver características da proba na Resolución do 7 de abril (Anexo 2). O horario e o calendario establéceo o tribunal.
- Publicación das cualificacións: O 8 de xullo no taboleiro de anuncios e na páxina web da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
- A superación da proba sólo faculta ó aspirante para participar no proceso de admisión.
Proba específica regulada según especialidades:
A proba está regulada no artigo 5 da Orde do 21 de novembro de 2016.
- INTERPRETACIÓN: Un mínimo de dúas sesións de traballo cunha duración non superior a catro horas cada unha, nas cales se realizarán diferentes actividades expresivas propias da especialidade, e nunha entrevista persoal.
- DIRECCIÓN DE ESCENA E DRAMATURXIA: Como mínimo, nun traballo escrito que implicará o desenvolvemento dunha proposta escénica, nun exercicio breve de dirección de grupos, na escrita dun texto breve a partir dunha situación dramática, e nunha entrevista persoal.
- ESCENOGRAFÍA: Como mínimo, na realización dun debuxo do natural e dun deseño escenográfico a partir dos motivos que en cada caso se propoñan, e nunha entrevista persoal.
PUBLICACIÓN DAS LISTAS DE ADMITIDOS NA ESAD:
O día 18 de xullo no portal http://www.edu.xunta.gal/portal/node/36792
O día 18 de xullo no portal http://www.edu.xunta.gal/portal/node/36792
MATRÍCULA:
O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 19 e 22 de xullo.
PROCESO EXTRAORDINARIO DE ACCESO:
No caso de quedaren prazas vacantes, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá establecer probas de acceso extraordinarias nos primeiros días do mes de setembro.
No caso de quedaren prazas vacantes, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá establecer probas de acceso extraordinarias nos primeiros días do mes de setembro.
É MOI IMPORTANTE consultar os seguintes ENLACES:
- RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Música para o curso 2022/23.
- Orde do 21 de novembro de 2016, que regula a proba específica de Arte Dramática.
- Escola de Arte Dramática de Galicia (ESAD) e enlace ás probas.
- Información sobre a admisión na Web da Consellería.
- Inscrición telemática.
- Dar de alta a Chave365
- Máis sobre Arte Dramática na web da Consellería.
- Máis sobre Arte Dramática neste blog.
Resolución do 14 de abril de 2016 non do 26, creo?
ResponderEliminarCorrixido, grazas Fran
Eliminar