Estes estudos forman parte das ensinanzas da Educación Básica e da Formación Profesional do sistema educativo. Están organizados en perfiles profesionais os cales permitirán adquirir as competencias profesionais básicas dunha determinada profesión así como o título de Graduado en Educación Secundaria.
![]() |
Imaxe de Pixabay |
Un total de 2000 horas repartidas en 2 cursos académicos. Na modalidade de FP dual ata 3 cursos.
QUE TITULACIÓN SE ACADA E QUE SAÍDAS TEN?
- Ao rematar obtense o título profesional básico na especialidade correspondente. Inclúe alomenos unha cualificación profesional básica completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
- Adicionalmente, obterase o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
- Os alumnos e alumnas que finalicen os seus estudos sen obter o título de técnico básico, recibirán a certificación académica dos módulos profesionais superados que terá efectos académicos e de acreditación parcial acumulable das competencias profesionais adquiridas en relación co Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional.
- Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio. En caso de que existan máis solicitudes de matrícula que prazas, aplicaranse criterios de preferencia para a admisión a certos ciclos de grao medio. Ver enlace.
- Inserción no mercado laboral de xeito cualificado. O título de FP Básica ten os mesmos efectos laborais que o título de ESO e capacita para levar a cabo funcións de nivel básico de prevención de riscos laborais.
- Certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional da mesma familia profesional (Existen 5 niveis de cualificación profesional).
- Por obtención do título da ESO tamén se poderá acceder a outras ensinanzas postobrigatorias.
CALES SON OS REQUISITOS PARA ACCEDER A UN CICLO DE FP BÁSICA?:
Hai que cumprir todos e cada un dos seguintes requisitos:
- Ter feitos os 15 anos ou facelos no ano de comezo do programa.
- Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.
- Ser proposto/a polo equipo docente.
- Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais.
De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:
- Que teñan 17 anos e non estivesen escolarizadas no curso escolar anterior, ou que teñan 18 ou 19 anos, ou que fagan 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
- Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.
- Estas persoas deberán presentar a solicitude de admisión nos prazos establecidos para a oferta obrigatoria e, de existir máis solicitudes que prazas, asignaranse as prazas seguindo o criterio de menor a maior idade.
MEDIDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS (NEE):
- O alumnado con NEE poderá ter adaptacións do currículo, e os referentes para a avaliación serán os incluídos nas correspondentes adaptacións sin que isto poida impedirlles a promoción ou titulación.
- Poderá tamén cursar programas específicos adaptados ás súas necesidades. Nos centros de Educación Especial ofértanse Programas Formativos para alumnado con NEE. Trátase de programas adaptados ás necesidades dos alumnos/as, onde poderán cursar módulos profesionais dun título de FP Básica, e módulos de formación adaptados ás súas necesidades.
- O alumnado con necesidades educativas especiais que curse un ciclo formativo de FPB, para os efectos de ocupar postos escolares computará o dobre.
- Ver enlace.
QUE TIPO DE MATERIAS SE ESTUDAN NA FP BÁSICA?
- Ámbito profesional: que incluirá unha serie de módulos profesionais que incluirán, alomenos, as unidades de competencia correspondentes a unha cualificación de nivel 1 do Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais. Un dos módulos incluídos neste ámbito será o de Formación en Centros de Traballo (FCT).
- Ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais I e II, que incluirá as seguintes materias: Lingua Galega, Lingua Castelá, Lingua estranxeira de Iniciación profesional e Ciencias Sociais.
- Ámbito de Ciencias Aplicadas I e II, que incluirá as seguintes materias: Matemáticas Aplicadas e Ciencias Aplicadas.
A TITORÍA SEMANAL:
Cada grupo contará cun titor/a e cunha hora de titoría semanal onde se traballarán temas como por exemplo:
- Técnicas de estudo
- Habilidades sociemocionais
- Habilidades comunicativas
- Traballo en grupo
- Orientación académica e profesional
A AVALIACIÓN:
- Poderase permanecer cursando o ciclo durante catro anos.
- Poderase repetir unha soa vez cada un dos cursos.
- Para promocionar haberá que superar todos os ámbitos ou cando os módulos profesionais asociados a unidades de competencia pendentes non superen o 20 % do horario semanal, con todo, deberá matricularse dos módulos profesionais pendentes de primeiro curso.
- A avaliación realizarase por ámbitos e haberá duas convocatorias anuais para a superación ámbitos pendentes.
DOCENCIA COMPARTIDA ENTRE DOUS CENTROS:
Poderase organizar a docencia de cada ciclo formativo de forma compartida entre dous centros, de xeito que o ámbito profesional se imparta nun centro, que será o centro de referencia, e o resto dos ámbitos noutro centro, que será o centro asociado. O alumnado pertencerá, para os efectos académicos e administrativos, ao centro de referencia.
QUE HAI QUE FACER PARA MATRICULARSE?
Ó inicio do mes de xuño hai que preguntar nun centro de secundaria ou consultar no portal educativo edu.xunta.es/fp as datas exactas do presente curso académico. O procedemento consta de 3 fases:
1º Solicitude de praza, podendo solicitar ata catro ciclos formativos de grao básico por orde de preferencia.
2º Adxudicación da praza.
3º Matriculación: no centro adxudicado.
CALES SON OS PRAZOS DE ADMISIÓN?:
Os prazos do curso 2022/2023 son os que se sinalan a continuación:
- Presentación de solicitudes: Do 27 de xuño ó 6 de xullo ata as 13´00h.
Neste prazo deberase entregar no centro de orixe o consentimento dos pais (en caso de ser menor de idade) de incorporación a FP Básica (anexo IV). De non entregaren este documento neste prazo, entenderase que os/as titulares da patria potestade ou representantes legais do alumnado non dan o consentimento de incorporación á formación profesional básica.
- Publicación da listaxe provisional de solicitudes: 8 de xullo.
- Reclamación á listaxe provisional de solicitudes: Do 8 ó 12 de xullo ás 13´00h.
- Publicación da listaxe definitiva de solicitudes: 20 de xullo.
- Publicación de adxudicación de prazas: 20 de xullo.
- Reclamacións á listaxe de adxudicación: do 20 ó 22 de xullo.
- Matrícula: Desde o 20 de xullo.
ONDE REALIZAR A INSCRICIÓN:
- No caso de alumnado que estea a cursar ensinanzas da ESO (con 15, 16 e 17 anos) que sexa proposto polo equipo docente para incorporarse a un ciclo de grao básico e que teña o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais, será o centro de orixe o encargado de recoller e cargar os datos da solicitude de admisión na aplicación informática. O centro entregará un resgardo da solicitude ás persoas solicitantes e aos seus representantes legais.
- No resto dos casos (alumnado que non está matriculado na ESO que faga 18, 19, 20 anos no de inicio do ciclo formativo), presentarán unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais) segundo o anexo I, no centro no que pretendan ser admitidos do 27 xuño ó 6 de xullo.
- No caso de alumnado de FP básica repetidor, 1º ou de 2º curso, ou que promociona a 2º curso a solicitude será presentada no centro onde está matriculado no curso actual, do 27 de xuño ó 6 de xullo. A presentación da solicitude terá a condición de matrícula.
CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PLAZAS:
- En xeral o número de prazas por ciclo é de 18, das cales un 10% serán reservadas para o alumnos/as que teñan recoñecida unha discapacidade.
- Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, no caso de existir maior número delas que de postos escolares dispoñibles, asignaranse as prazas conforme os seguintes criterios de prioridade:
1º Alumnado que cursase 2º de ESO.2º Alumnado que cursase 3º de ESO.
3º Alumnado que cursase 4º de ESO.
- Dentro de cada grupo, ordenarase de menor a maior idade.
- En caso de empate entre varias persoas solicitantes por un mesmo posto escolar e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza de formación.
- Se logo de aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando o procedemento e o resultado do sorteo que anualmente realiza a Consellería con competencias en educación para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
- Resultado do sorteo 2022:
Letras primeiro apelido: "v" e "u"
Letras segundo apelido: "a" e "z"
DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE:
- Anexo I: Impreso de solicitude asinado polo solicitante ou polos titores legais no caso de ser menor de idade.
- Anexo II: Consello orientador asinado polo titor, orientador e Director do centro de orixe.
- Anexo III: Consentimento asinado polo pai/ nai / titor/a legal do alumno para cursar estas ensinanzas (este anexo entrégase no centro de orixe).
- Anexo IV: Comunicación de incorporación ós Ciclos Formativos de Grao Básico de que foi proposto polo equipo docente, asinada polo Director do centro de orixe.
- Certificado de discapacidade (se procede).
- Copia DNI ou NIE, en caso de non dar consentimento para comprobación de datos.
Administración e xestión
CBADG01 - Servizos administrativos
CBAFD01 - Acceso e conservación en instalacións deportivas
Agraria
CBAGA01 - Agroxardinaría e composicións florais
CBAGA02 - Actividades agropecuarias
CBAGA03 - Aproveitamentos forestais
Artes gráficas
CBARG01 - Artes gráficas
Comercio e márketing
CBCOM01 - Servizos comerciais
Electricidade e electrónica
CBELE01 - Electricidade e electrónica
CBELE02 - Instalacións electrotécnicas e mecánica
Edificación e obra civil
CBEOC01 - Reforma e mantemento de edificios
Fabricación mecánica
CBFME01 - Fabricación e montaxe
CBFME02 - Fabricación de elementos metálicos
Hostalaría e turismo
CBHOT01 - Cociña e restauración
CBHOT02 - Aloxamento e lavandaría
CBHOT03 - Actividades de panadaría e pastelaría
Informática e comunicacións
CBIFC01 - Informática e comunicacións
CBIFC02 - Informática de oficina
Instalación e mantemento
CBIMA01 - Mantemento de vivendas
Imaxe persoal
CBIMP01 - Peiteado e estética
Industrias alimentarias
CBINA01 - Industrias alimentarias
Madeira, moble e cortiza
CBMAM01 - Carpintaría e moble
Marítimo-pesqueira
CBMAP01 - Actividades marítimo-pesqueiras
Servizos socioculturais e á comunidade
Téxtil, confección e pel
CBTCP02 - Tapizaría e cortinaxe
Transporte e mantemento de vehículos
CBTMV01 - Mantemento de vehículos
Vidro e cerámica
CBVIC01 - Vidraría e olaría
OFERTA curso 2022/2023:
OFERTA
DE CICLOS FORMATIVOS DE GRAO BÁSICO E PROGRAMAS FORMATIVOS NA ZONA DE A CORUÑA 22/23:
MÁIS INFORMACIÓN EN:
http://www.edu.xunta.es/fp/fpbasica
http://www.edu.xunta.es/fp/fpbasica
LEXISLACIÓN QUE REGULA OS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO BÁSICO EN GALICIA:
- RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do proceso de admisión das ensinanzas de formación profesional de grao básico para o curso 2022/23.
- ORDE do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas. (Anexos I, II, III e IV).
No hay comentarios:
Publicar un comentario