Pódese solicitar a revisión da cualificación obtida nun
ou en varios exames. Neste proceso de revisión as modificacións das cualificacións poden ser tanto á
alza como á baixa.
A reclamación ás cualificacións da PAU consiste nun proceso único de revisión que consta de tres fases. Cada exame pasará por unha primeira revisión (P), segunda corrección (S) e, en función do resultado, pasará a unha terceira revisión.
A reclamación ás cualificacións da PAU consiste nun proceso único de revisión que consta de tres fases. Cada exame pasará por unha primeira revisión (P), segunda corrección (S) e, en función do resultado, pasará a unha terceira revisión.
Aquí explicamos os pasos a seguir deste proceso:
(*) A terceira corrección é efectuada por dous profesores novos distintos e a cualificación definitiva será consensuada por ámbolos dous.
1º PASO: Primeira revisión.
No prazo de tres días
contados a partir da data de publicación das cualificacións, poderase solicitar
revisión da cualificación nun ou varios exames.
Neste caso os
exercicios serán revisados e analízase se houbo algún erro material na
corrección do exame (sumas mal calculadas ou preguntas sin corrixir). No caso
de existir algún erro deste tipo modificarase a cualificación, tanto á alza
como á baixa. A nova cualificación pasa a ser provisoria e asígnaselle unha
“P”. En caso de non haber erros materiais a cualificación provisoria é a
orixinal e asígnaselle tamén unha “P”.
Posteriormente o exame pasa á segunda corrección.
2º PASO: Segunda corrección.
A continuación
realízase unha segunda corrección por un corrector/a especialista distindo ó
que realizou a primeira corrección. A esta segunda corrección asígnaselle a
letra “S”. Se esta segunda corrección ten unha diferencia menor de dous puntos,
a cualificación definitiva será a media aritmética entre S e P (S+P)/2.
3º PASO: Terceira corrección.
Trala corrección anterior, no suposto de que
existise unha diferencia maior a dous puntos entre ambas cualificacións (P e S),
dúas persoas distintas das anteriores farán unha terceira
correción. Neste caso a cualificación definitiva será a consensuada por eses dous novos correctores.
Cualificación indicada coa letra P
|
Primeria revisión de erros de suma ou preguntas sin corrixir.
Cualificación
provisional.
|
Cualificación indicada coa letra S
|
Segunda correción por un novo corrector especialista diferente do primeiro corrector.
A cualificación resultante será a media entre
P e S
|
Cualificación definitiva en caso de haber unha diferenza de máis de 2 puntos entre P e S
|
Terceira corrección por dous correctores diferentes.
A cualificación resultante será consensuada entre os dous novos correctores.
|
Cando solicito a revisión?
O prazo para solicitar a revisión da PAU 2026 será:
O prazo para solicitar a revisión da PAU 2026 será:
- Para os que se presentaron en xuño: As notas provisionais publícanse o 11 de xuño, así que a revisión será de tres dias hábiles a partir da data da súa publicación (do 12 ó 16 de xuño, ata as 14:00 h.)
- Para os que se presentaron en xullo: As notas publícanse o 9 de xullo, así que a revisión sera de tres dias hábiles a partir da data da súa publicación (do 10 ó 14 de xullo ata as 14:00 h.)
Cando se publican as notas definitivas despois da revisión?
- O 18 de xuño para a convocatoria ordinaria.
- O 17 de xullo para a convocatoria extraordinaria.
- Publicaranse en Nerta a partir das 20.00 horas.
Como solicito a revisión?
A solicitude de
revisión faise para cada exame a través
da aplicación Nerta. Deberás gardar copia da túa
solicitude en calidade de resgardo e xustificación de presentación desta.
Podo ver o exame?
O estudante ten
dereito, previa solicitude, a ver os exames corrixidos na data e lugar indicados, unha vez finalizado na súa totalidade o proceso de revisión.
A consulta dos exames realizarase ás 12´00h no Edificio Fontán da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela (sede da CiUG)
Para solicitar a consulta dos exames, dos que se presentaron en xuño, poderá facerse a
solicitude entre o 19 e o 22 de xuño (ata as 14:00h.) presentando o formulario correspondente
no LERD presencialmente ou por correo electrónico. Os exames poderán consultarse o 25 de xuño ás 12´00h.
Para solicitar a consulta dos exames, dos que se presentaron en xullo, poderá facerse a solicitude dende o 17 ó 20 de xullo (ata as 14:00h.) presentando o formulario correspondente no LERD presencialmente ou por correo electrónico. Os exames poderán consultarse o 22 de xullo ás 12´00h.
E se non estou dacordo
coa cualificación definitiva despois do proceso de revisión?
Contra a resolución
adoptada pola CiUG, que porá fin á vía administrativa, poderá interpoñerse
recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte
ao da publicación ante a propia CIUG. Neste caso non se poderá interpoñer o
recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa do
recurso potestativo de reposición ou se produza o acto presunto.
Este proceso está regulado nas convocatorias ordinaria/extraordinaria da PAU de cada ano, publicada pola CIUG neste enlace:
Cuándo se dan los resultados de las reclamaciones?
ResponderEliminar